Este é un libro para ler, para aprender a elaborar doces e lambetadas e para gozar da cociña con todos os sentidos. Desde que se comezou a empregar o mel para adozar e conservar alimentos, ou desde que empezaron a elaborarse con améndoa, cereais, leite, ovos, azucre, ata o descubrimento do cacao, do chocolate, da vainilla, da canela e de diversas froitas, transcorren séculos nos que, paralela á historia da humanidade, se vai forxando
a historia da gastronomía. Estas elaboracións culinarias naceron ligadas a unha cultura, a un pobo, e outras foron creación dunha cociñeira ou cociñeiro, pero todas se espallaron polo mundo e perduran no tempo. Cada unha das receitas ten unha historia e unha evolución que se conta no libro. Matilde Felpeto ofrécenos máis de 50 deliciosas receitas con historia: desde a torta de Santiago ás filloas, desde as natas de Belém ao mousse de chocolate, desde a torta real de Allariz ao arroz con leite, desde a crema queimada ao tiramisú; mais tamén o pão-de-ló á charlota, os brownies, os melindres, o roscón de reis, a torta San Marcos ou o pudin de castañas, entre outras moitas.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.