https://hablamosdelibros.es/producto/economia-basica-15/281013Economía básicaEste manual pretende ofrecer unha síntese dos conceptos máis elementais da ciencia económica, utilizando unha linguaxe veciña ás informacións que sobre estes temas reciben acotío os cidadáns nos medios de comunicación, mais presentados co rigor necesario para manexalos con precisión. Organizado en catro grandes partes, na primeira, preséntanse os conceptos e principios da ciencia económica; na segunda, debúllanse os elementos para entender a actuación do mercado, estudando o comportamento dos consumidores e mais a caracterización da oferta; na terceira, analízase a actividade económica, explicando a importancia dos recursos, a evolución dos sectores produtivos e o papel do Estado na economía mundial e as organizacións internacionais relacionadas coa economía, fornecendo unha breve visións das consecuencias actuais no mundo rico e nos países atrasados. Un manual, tan actualizado como didáctico, dirixido a todas aquelas persoas que deban ou queiran adquirir coñecementos esenciais de economía.20.95instockUniversidadEconomía00.000982619827998285824659827720.950.000.002023-09-14T07:55:02+02:00
Economía básica
Este manual pretende ofrecer unha síntese dos conceptos máis elementais da ciencia económica, utilizando unha linguaxe veciña ás informacións que sobre estes temas reciben acotío os cidadáns nos medios de comunicación, mais presentados co rigor necesario para manexalos con precisión. Organizado en catro grandes partes, na primeira, preséntanse os conceptos e principios da ciencia económica; na segunda, debúllanse os elementos para entender a actuación do mercado, estudando o comportamento dos consumidores e mais a caracterización da oferta; na terceira, analízase a actividade económica, explicando a importancia dos recursos, a evolución dos sectores produtivos e o papel do Estado na economía mundial e as organizacións internacionais relacionadas coa economía, fornecendo unha breve visións das consecuencias actuais no mundo rico e nos países atrasados. Un manual, tan actualizado como didáctico, dirixido a todas aquelas persoas que deban ou queiran adquirir coñecementos esenciais de economía.

Xulio Pardellas é doutor en Economía e profesor titular do Departamento de Economía Aplicada na Universidade de Vigo. Imparte docencia de Economía Mundial, Europea e de España nos campus de Pontevedra e Vigo. É autor do manual "Economía básica" (Xerais, 2006), ademais de participar nos colectivos "España e Europa: do franquismo ao euro" (Xerais, 2002), e "A Unión Europea" (Xerais, 2003). As súas liñas de investigación principais oriéntanse ao desenvolvemento local e á economía do turismo, ámbitos nos cales ten publicados un gran número de libros, destacando entre os máis recentes nos que ten participado: "Informes da Economía Galega" (Fundación Caixagalicia, 2003, 2004 e 2005), "El impacto del Prestige" (2003), "Segundos Estudios Estratéxicos do Eixo Atlántico" (2005), "La actividad turística española en 2004" (2005). Así mesmo, como director, publicou: "Turismo cultural e ambiental" (2003), "Potencial turístico de territorios periféricos" (2004) e "Turismo religioso: o Camiño de Santiago" (2005). Tamén é presidente da Asociación Galega de Ciencia Rexional (AGCR), vogal da directiva da Asociación de Científicos e Investigadores en Turismo (AECIT) e membro do comité de dirección do Centro de Estudios da Eurorrexión (CEER).
Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.
CONTACTE
Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.
Contacto
Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!