https://hablamosdelibros.es/producto/esta-e-a-mina-historia-e-teras-que-crela/325211Esta é a miña historia e terás que crelaEsta é a historia de Carola, unha nena cunha grande imaxinación e unha habilidade aínda máis grande para «adaptar a realidade» ao seu favor. Ou dito doutro xeito: para mentir. Pero que sucede cando as súas invencións toman vida propia? O que comeza como unha mentira inocente acaba levando a Carola a unha caótica aventura chea de humor e aprendizaxe, onde terá que enfrontarse ás consecuencias das súas palabras e descubrir o valor da verdade.
A verdade e a mentira, a familia, a amizade e a aceptación persoal son algúns dos temas desta divertida novela que gañou o XVIII Premio Raíña Lupa á mellor obra infantil de 2024.https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2025/08/XG00420201-600x845.jpg6.99instockLibros infantiles00.000https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2025/08/XG00420201-300x300.jpg9972210244999030102393998906.990.000.002025-08-20T07:32:45+02:00
Esta é a miña historia e terás que crela
Esta é a historia de Carola, unha nena cunha grande imaxinación e unha habilidade aínda máis grande para «adaptar a realidade» ao seu favor. Ou dito doutro xeito: para mentir. Pero que sucede cando as súas invencións toman vida propia? O que comeza como unha mentira inocente acaba levando a Carola a unha caótica aventura chea de humor e aprendizaxe, onde terá que enfrontarse ás consecuencias das súas palabras e descubrir o valor da verdade.
A verdade e a mentira, a familia, a amizade e a aceptación persoal son algúns dos temas desta divertida novela que gañou o XVIII Premio Raíña Lupa á mellor obra infantil de 2024.
Esta é a historia de Carola, unha nena cunha grande imaxinación e unha habilidade aínda máis grande para «adaptar a realidade» ao seu favor. Ou dito doutro xeito: para mentir. Pero que sucede cando as súas invencións toman vida propia? O que comeza como unha mentira inocente acaba levando a Carola a unha caótica aventura chea de humor e aprendizaxe, onde terá que enfrontarse ás consecuencias das súas palabras e descubrir o valor da verdade.
A verdade e a mentira, a familia, a amizade e a aceptación persoal son algúns dos temas desta divertida novela que gañou o XVIII Premio Raíña Lupa á mellor obra infantil de 2024.
Dani Padrón (Ourense, 1983) estudou Arquitectura na Escola Técnica Superior da Coruña. Tras un breve contacto cos mundos da caricatura e da banda deseñada, nos que gañou algún premio, inicia o seu percorrido na ilustración infantil e xuvenil no ano 2011 co premio de ilustración Pura e Dora Vázquez. Dende entón publicou varios libros e participou en exposicións colectivas. En Xerais ten publicadas as seguintes obras: «As palabras do silencio» (2013); «As noites de Xián» (2014); «O refugallo» (2015); «Nena e o mar» (2015); «O día que choveu do revés» (2016), «A cazadora de estrelas» (2017); «Vinte mil leguas baixo dos mares» (2019); «Unha fábrica de bicos» (2020), «As músicas viaxeiras» (2021), «Eu tamén fun pequena» (2023), «Analfabeta» (2024), «O misterio das zocas» (2025) e «Esta é a miña historia e terás que crela» (2025).
Érica Esmorís (A Coruña, 1977) naceu unha calorosa tarde de xullo preto da praia. O sol, o mar e os libros foron, desde o principio, os seus compañeiros de viaxe. Amante dos animais, estudou veterinaria e, aínda que exerceu uns anos, deseguida cambiou o bisturí polo teclado do ordenador e unha profesión máis creativa. Traballou nalgunhas das produtoras audiovisuais máis importantes de Galicia, tanto no departamento de desenvolvemento e guión como no de dirección. Como narradora, foi recoñecida con importantes premios, como o Premio Merlín de Literatura Infantil con «Nena e o mar» (Xerais, 2015), que volve gañar en 2025 con «Erin e o lobo»; o Premio de Narrativa Infantil Ciudad de Málaga con «Patio de luces» (Xerais, 2020), ou o Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil con «Esta é a miña historia e terás que crela» (Xerais, 2025). Outros títulos da súa autoría son «O poder de Amabel» (2012), traducida ao castelán, catalán e éuscaro, «Ulises e as cronoamigas» (2015), «Quen salva un can» (Xerais, 2019) ou o álbum ilustrado «Analfabeta» (Xerais, 2024), que asina xunto con Dani Padrón.
adroll_adv_id = "MG4DXLEHD5ABTAVH7CHI63";
adroll_pix_id = "47QKL24UGBDU7DMKFT5CTY";
adroll_version = "2.0";
adroll_current_page = "product_page";
adroll_currency = "EUR";
adroll_language = "es_ES";
adroll_products = [{"product_id":"325211","price":"6.99","category":"libros infantiles","name":"Esta \u00e9 a mi\u00f1a historia e ter\u00e1s que crela"}];
Contacto
Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.
CONTACTE
Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.
Contacto
Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!