O Iraq da posguerra é unha mestura de horror, tensión, medo, sufrimento, sorpresa e morte que impregna a vida dos seus habitantes. Tras a invasión, o soño dun país mellor quedou convertido en pesadelo. Este libro non é unha análise xeopolítica da situación do Iraq ocupado. Este volume recolle as reportaxes fotográficas realizadas nas viaxes de Javier Teniente, un correspondente galego que fixou a súa mirada sobre as verdadeiras vítimas desta situación estremecedora. Esta é a crónica de urxencia dun fotógrafo valente que retrata o que pasa en Iraq a diario, dende a miseria dos hospitais de Bagdag, onde se realizan operacións a vida ou morte en inmundas salas de quirófano, os caídos anónimos dos centos de tiroteos, ata a vida dos nenos e mozos que inventan cada día as súas vidas nas rúas da capital. O medio centenar de fotografías v precedido por un limiar de David Beriain, correspondente de “La Voz de Galicia” no conflito iraquí. Un documento, pois, da esperanza de que as cousas cambien.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.