O idioma galego esmorece entre a mocidade e cómpre preguntarse por que. «Lingua, poder e adolescencia» quere contribuír a desvelar as causas do declive. Este libro de Miguel Rodríguez Carnota, que parte dunha tese doutoral co mesmo título, é un estudo da biografía lingüística de dez rapazas e rapaces galegofalantes no medio lingüisticamente hostil dunha vila e un instituto do noso país. Os seus relatos, radiografados a través de técnicas de análise do discurso, sitúannos enteiramente fóra do paradigma oficial do «bilingüismo harmónico». Hai ataques, padecementos, renuncias, resistencias, pequenos triunfos e amargas derrotas onde o que menos abonda é a «cordialidade lingüística» que habitualmente se proclama como emblema de Galicia. É dicir, na práctica existe unha incomprensible oposición a querer facer do galego unha lingua tan normal coma calquera outra.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.