https://hablamosdelibros.es/producto/lua-en-ningures/104971Lúa en NinguresAs casas da rúa que Lúa percorría todos os días para ir ao colexio, á pastelería, á tenda de xoguetes ou ao bar onde o seu avó xogaba ao xadrez empezaron a desaparecer, esnaquizadas. Lúa e a súa familia vense na obriga de fuxir do horror da guerra e instálanse en Ningures, un campo de refuxiados onde semella que xa non queda esperanza. Porén, vai ser nese lugar onde Lúa descubra cales son os valores realmente importantes na vida das persoas.https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00329101-600x845.jpg6.99instockLibros infantiles00.000https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00329101-300x300.jpg98261982819828382433982856.990.000.002023-02-20T21:54:37+02:00
Lúa en Ningures
As casas da rúa que Lúa percorría todos os días para ir ao colexio, á pastelería, á tenda de xoguetes ou ao bar onde o seu avó xogaba ao xadrez empezaron a desaparecer, esnaquizadas. Lúa e a súa familia vense na obriga de fuxir do horror da guerra e instálanse en Ningures, un campo de refuxiados onde semella que xa non queda esperanza. Porén, vai ser nese lugar onde Lúa descubra cales son os valores realmente importantes na vida das persoas.
As casas da rúa que Lúa percorría todos os días para ir ao colexio, á pastelería, á tenda de xoguetes ou ao bar onde o seu avó xogaba ao xadrez empezaron a desaparecer, esnaquizadas. Lúa e a súa familia vense na obriga de fuxir do horror da guerra e instálanse en Ningures, un campo de refuxiados onde semella que xa non queda esperanza. Porén, vai ser nese lugar onde Lúa descubra cales son os valores realmente importantes na vida das persoas.
Naceu e vive na Coruña, mais pasou unha parte importante da súa vida na capital da Terra Chá, Vilalba. É mestra de Educación Primaria pola especialidade de Lingua Inglesa. Realizou estudos de posgrao en Orientación Educativa no Instituto Maslow Catell da Universidade de Deusto. Leva exercendo o ensino desde hai vinte e un anos, impartindo cursos e facendo traballos sobre ensino global. Publica os primeiros relatos, «Ela» e «Tuerka 27», na revista «Tempos Dixital». Logo virían o álbum ilustrado «Man. O alemán de Camelle» (2012), coa intención de achegar a figura de Manfred Gnädinger á mocidade; «O álbum de Garrincha» (2015), unha historia sobre como o deporte, neste caso o fútbol, pode ser un elemento de integración para as nenas e nenos migrantes, e «Cando John Lennon coñeceu a Valle-Inclán» (2017), que aproxima a figura de Valle á rapazada. En 2019 publica «Lúa en Ningures», o seu primeiro libro en Xerais, ao que seguiu «As sentinelas do silencio» (2022), «Teranga» (Xerais, 2024) e «Begoña ou o pracer da amizade» (Xerais, 2026). Xunto á escritora Eli Ríos e á ilustradora Laura Suárez, é autora do álbum ilustrado «Luísa Villalta. Alma de violino» (Xerais, 2023).
Laura Veleiro Suárez (Xixón, 1970). Escritora e ilustradora. Despois de rematar os estudos de Xeografía e Historia na Universidade Complutense de Madrid inicia a súa andaina no mundo editorial como redactora, labor que compaxina coa docencia.
A ilustración e a escrita son as súas paixóns, polo que publicou proxectos individuais como «Nubeman», «Qué hace ahí la Luna», «O paxariño do limoeiro» ou «Las nuevas aventuras de Nubeman». Tamén colaborou con Beatriz Maceda Abeleira ilustrando «Man, o alemán de Camelle», «O álbum de Garrincha» e, en Xerais, «Lúa en Ningures» (2019) e «As sentinelas do silencio» (2022).
Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.
CONTACTE
Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.
Contacto
Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!