https://hablamosdelibros.es/producto/luisa-villalta-melodia-de-palabras/311565Luísa Villalta. Melodía de palabrasLuísa Villalta (1957-2004) foi unha muller comprometida coa vida e fixo desta un espazo máis amable, que encheu de compromiso e de beleza. A Villalta dedícaselle o Día das Letras Galegas 2024 pola súa inestimable achega literaria. Foi unha visionaria, unha modernizadora da poesía e do teatro, pero tamén unha congruente defensora das nosas raíces e da nosa historia. Ademais de na literatura, destacou tamén na súa faceta musical como violinista: música e literatura conflúen na súa obra e conforman un estilo propio e orixinal. A docencia, entendida como un saber xeral, e a loita por que a xustiza e a igualdade habitasen en todos os ámbitos, foron outros dos grandes intereses da autora.
Luisa Villalta foi emoción e compromiso na mesma voz, esa que prestou a tantas causas para poderen ser escoitadas.https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/11/XG00392001-600x845.jpg6.99instockLibros infantilesA partir de 9 años00.000https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/11/XG00392001-300x300.jpg99720102447998901024931024916.990.000.002023-11-08T07:19:54+02:00
Luísa Villalta. Melodía de palabras
Luísa Villalta (1957-2004) foi unha muller comprometida coa vida e fixo desta un espazo máis amable, que encheu de compromiso e de beleza. A Villalta dedícaselle o Día das Letras Galegas 2024 pola súa inestimable achega literaria. Foi unha visionaria, unha modernizadora da poesía e do teatro, pero tamén unha congruente defensora das nosas raíces e da nosa historia. Ademais de na literatura, destacou tamén na súa faceta musical como violinista: música e literatura conflúen na súa obra e conforman un estilo propio e orixinal. A docencia, entendida como un saber xeral, e a loita por que a xustiza e a igualdade habitasen en todos os ámbitos, foron outros dos grandes intereses da autora.
Luisa Villalta foi emoción e compromiso na mesma voz, esa que prestou a tantas causas para poderen ser escoitadas.
Luísa Villalta (1957-2004) foi unha muller comprometida coa vida e fixo desta un espazo máis amable, que encheu de compromiso e de beleza. A Villalta dedícaselle o Día das Letras Galegas 2024 pola súa inestimable achega literaria. Foi unha visionaria, unha modernizadora da poesía e do teatro, pero tamén unha congruente defensora das nosas raíces e da nosa historia. Ademais de na literatura, destacou tamén na súa faceta musical como violinista: música e literatura conflúen na súa obra e conforman un estilo propio e orixinal. A docencia, entendida como un saber xeral, e a loita por que a xustiza e a igualdade habitasen en todos os ámbitos, foron outros dos grandes intereses da autora.
Luisa Villalta foi emoción e compromiso na mesma voz, esa que prestou a tantas causas para poderen ser escoitadas.
María Canosa (Cee, 1978) é enxeñeira de Camiños, Canais e Portos, profesión que leva compaxinando desde sempre coa de escritora.
Tamén é profesora de Matemáticas de ensino secundario e articulista no xornal «La Voz de Galicia» desde hai case dúas décadas, ademais de colaborar en varios programas de debate da «Radio Galega» e «Radio Voz». Desenvolveu o papel de "experta en letras" en distintos concursos televisivos de corte cultural, como «Cifras e letras», «Verbas van» ou «Coma un allo». É a condutora do programa literario «Léocho», da TVG.
Recibiu o Premio Rosalía de Castro da Lingua pola súa contribución á promoción da lingua galega.
É autora dunha extensa obra narrativa infantil e xuvenil, iniciada con «Bramido maino» e «A pedra de seixo» (1997) e continuada por títulos como «O papaventos de Laura» (2011); «Xiana, a nena pirata» (2012); «Druídas» (2014); «Rubicundo» (Xerais, 2015), finalista do Premio Merlín 2014; «O día que choveu do revés» (Xerais, 2016) , finalista do Premio Merlín 2015; «A cazadora de estrelas» (Xerais 2017), finalista do Premio Merlín 2016; «Muriel» (Xerais, 2017), Premio Merlín 2017; «Unha fábrica de bicos» (Xerais, 2020), álbum ilustrado por Dani Padrón; «As pombas de Bastián» (Xerais, 2021); «Muriel. Caos no laboratorio lácteo» (Xerais, 2023) e «Escola de bruxas» (Xerais, 2024).
Con motivo do Día das Letras Galegas de 2023, ese ano publica na colección Merlín a biografía infantil «Luísa Villata. Melodía de palabras» (Xerais, 2023).
Como narradora publicou «Faíscas» (2009), «DisParo» (2016), «Non é París» (2016), «Cando cae a luz» (2016) e «O lado do que dormes» (Xerais, 2019).
É autora, ademais, do libro de poemas «Ronca o mar» (2011), Premio Avelina Valladares.
Con «Dipnoi» (Xerais, 2026) estréase na colección Fóra de xogo.
Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.
CONTACTE
Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.
Contacto
Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!