Celidonia, bruxa profesional, chega un día a Xalundes, lugar famoso porque nel habita o xigante Xuvenco, que papou ó alcalde, ó garda de tráfico, ó cura… O que non saben as tristes xentes de Xalundes é que o descomunal e aterrecente xigante Xuvenco precisa axuda de contado porque, o pobriño, está doente. ¿Axudará a bruxa Celidonia o xigante papón? ¿Papará o xigante á bruxa, e á súa comadre Chincha e á súa afillada Chincheta? ¿Papará ós lectores desta obriña de teatro? ¡Mamasiña, que medo! é unha obra de medo… para morrer de risa.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.