Arcadio López-Casanova (Lugo, 1942), poeta, profesor, crítico e teórico da literatura, é un dos autores contemporáneos de máis celmosa traxectoria como amosan as seus títulos poéticos Liturxia do corpo (1982) ou Noite de degaro (1994), entre outros.
Posuidor dunha voz poética dotada de pulsión e alento propios, Mesteres (publicado inicialmente en 1976) constitúe unha referencia inexcusable á hora de valorarmos o denominado cambio de rumbo da nosa lírica máis recente.
A presente edición de Mesteres, revisada persoalmente polo autor, revela a modernidade da súa concepción poética que pasa pola relevancia outorgada ás dimensións significativas da palabra e pola mestría na explotación das posibilidades e recursos expresivos, entre outros achados.
Velaquí, pois, un volume que recolle unha das expresións poéticas máis singulares, renovadoras e intensas dos últimos vintecinco anos da nosa lírica.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.