Tras rematar un máster de criminoloxía, Diana, a filla dunha parella de progresistas, ingresa na Brigada da Policía Xudicial, onde coñecerá a Mario, un mozo aleitado no rural, co que axiña ennoivará. A tía Lola, a irmá solteira da nai de Diana, agocha no seu caserío de pedra os vestixios do que fora unha familia de certo avoengo. Entre aquelas antigallas, Diana atopará algunhas pistas que a levarán a emprender unha viaxe ata Patagonia, na Arxentina, na procura do seu tío Moncho.
Meu pai vaite matar é unha novela que esculca dende unha ollada antipatriarcal e racionalista os segredos máis ocultos dunha familia. Unha novela de intriga, aventura e viaxes na que se abordan as principais preocupacións dunha autora fundamental do pensamento feminista galego.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.