Morning Star 茅 unha novela de odios e amores, de sangue, crimes, tiros, coitelos, persecuci贸ns, paix贸ns e esperanzas, gavelas de bandoleiros do s茅culo XIX, da busca dun tesouro e de dous rapaces procurando a liberdade, dun cego que toca a gaita e o viol铆n e fala en verso, dun can branco burgal茅s, dun portugu茅s con tres pegas amestradas e un ollo coma un ovo cocido, que ten o seu tobo na Pena de Anam谩n, do patibulario e toco L谩zaro Rivadulla, da sublevaci贸n progresista nas r煤as de Pontevedra de 1846, dun pozo cun esqueleto, da aprendizaxe da vida, dunha saudade coma un furaco no que cantan os grilos e dunha afastada estrela que brilla cada d铆a soamente para quen sabe ollala.
Morning Star foi definida por Xos茅 Luis Barreiro Rivas, un dos membros do xurado de lectores do Premio Xerais 1999 como “unha novela que gosta sen adov铆os, que resulta agradable de ler, que ret茅n a atenci贸n de principio a fin, e narra historias e aventuras como todos sabemos”.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La informaci贸n de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qu茅 secciones de la web encuentras m谩s interesantes y 煤tiles.