Os mares destes versos son para navegalos en gamela. A gamela do vello mariñeiro, aquel que teceu a súa vida sobre o salgado. A poética de O adeus do vello mariñeiro está surcada polas mulleres e os homes do mar, por esas persoas que foron construíndo unha cultura, un xeito de entender a vida, coas súas vivencias, a súa linguaxe, os seus fogares, as súas ferramentas, os seus labores. Xa que logo, X.H. Rivadulla Corcón olla cara ese mar que foi escrito e reescrito, reiterada e teimudamente, polos mariñeiros desde antigo, pola forza do seu traballo. Onda eles, foi faenar estes versos.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.