É o tempo da posguerra, tempo de miseria, tempo de desacougo. Os rapaces rabuñaban no lixo das casas ricas para apañar as mondas das patacas, que logo fervían e comían con ansia. Agora, nin iso, xa non hai mondas porque os ricos nos as tiran, gárdanas para cear cun chisco de aceite.
Non é así en Vilaveiga -unha aldea morriñenta de montaña-, onde teñen mazás a rego cheo para dar alivio a bandullos de xente e animais: reinetas, mazás de sidra, riscadas, con becho, sen becho, amarelas, verdes e ata golden, que non son autóctonas, pero Andrés “o Parviño” rilla nelas con pracer.
Chegado un momento, na aldea comezan a suceder unha serie de acontecementos que fan espernexar até a mesma terra: Henrique “o do estraperlo” trae consigo unha escolma de libros, unha familia de herexes protestantes alugan a casa grande, e Adelaida, unha neniña con anemia, aprende a ler…
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.