https://hablamosdelibros.es/producto/o-gaiteiro-e-o-rato-perez/101815O gaiteiro e o Rato PérezSilvino nacera na aldea de Tourán Baixo, o máis pequeno de catro irmáns, nunha familia pobre. Durante anos traballa de canteiro, ó tempo que aprende a toca-la gaita, por iso chámanlle ás veces Silvino o Canteiro e ás veces Silvino o Gaiteiro. Un día ten un accidente e perde unha perna. Cúrano no hospital da cidade, e pasa a convalecencia na casa da súa irmá Helena, que casara cun libreiro. Alí, tras ter un estraño soño unha noite, fai amizade cun rato a quen chama Hi-Hi. Silvino non gusta da vida da cidade e regresa á aldea co rato. O seu gusto polos libros e polas vellas lendas tradicionais parece unha rareza entre os poucos paisanos que aínda quedan na aldea. Tan só el aprecia os saberes que garda na súa memoria o vello Bernardo o Garlucho, e por el sabe das historias dos tardos, e dos mouros, e dos habitantes do mundo subterráneo. Unha noite xeada de decembro, Silvino o gaiteiro e o seu rato están a piques de morrer, perdidos no monte. E daquela entran en contacto cos PERREPÉS, o Pobo dos Ratos Pérez...https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00107702-600x845.jpg9.95instockLibros infantilesA partir de 9 años00.000https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00107702-300x300.jpg98445984439843598429984319.950.000.002023-02-20T19:58:55+02:00
O gaiteiro e o Rato Pérez
Silvino nacera na aldea de Tourán Baixo, o máis pequeno de catro irmáns, nunha familia pobre. Durante anos traballa de canteiro, ó tempo que aprende a toca-la gaita, por iso chámanlle ás veces Silvino o Canteiro e ás veces Silvino o Gaiteiro. Un día ten un accidente e perde unha perna. Cúrano no hospital da cidade, e pasa a convalecencia na casa da súa irmá Helena, que casara cun libreiro. Alí, tras ter un estraño soño unha noite, fai amizade cun rato a quen chama Hi-Hi. Silvino non gusta da vida da cidade e regresa á aldea co rato. O seu gusto polos libros e polas vellas lendas tradicionais parece unha rareza entre os poucos paisanos que aínda quedan na aldea. Tan só el aprecia os saberes que garda na súa memoria o vello Bernardo o Garlucho, e por el sabe das historias dos tardos, e dos mouros, e dos habitantes do mundo subterráneo. Unha noite xeada de decembro, Silvino o gaiteiro e o seu rato están a piques de morrer, perdidos no monte. E daquela entran en contacto cos PERREPÉS, o Pobo dos Ratos Pérez…

Bernardino Graña Villar (Cangas do Morrazo, 1932) foi catedrático de lingua e literatura até a súa xubilación. En 1958 participou na creación do grupo Brais Pinto en Madrid e foi o primeiro presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, da que é socio de honra dende 1986. Membro da Real Academia Galega, publicou unha extensa obra no ámbito da poesía, do teatro, da narrativa e da literatura infantil. Como poeta publicou: "Poema do home que quixo vivir" (1958); "Profecía do mar" (1966, Xerais 1995); "Non vexo Vigo nin Cangas" (1975); "Se o noso amor e os peixes" (Xerais 1980), Premio Galicia do concello de Santiago de Compostela; "Sima-Cima do voar tolo" (1984); "Himno verde" (1992); "Ardentía. Obra poética completa" (1995); "As Cantigas de Santa María" (Xerais 1996); "Luz de novembro" (1997); "Acendede as almenaras" (Xerais 2008) e "Ser auga, darse en auga" (2011). No ámbito do teatro: "Vinte mil pesos crime" (1962, Xerais 2005), "Sinfarín contra don Perfeuto" (1975) e "Os burros que comen ouro nunca cabalos serán" (1992), Premio Abrente de Ribadavia (1979). Como narrador publicou o libro de relatos "Fins do mundo" (1974, Xerais 1989) e as novelas "Protoevanxeo do neto de Herodes" (Xerais 2006), II Premio Eixo Atlántico La Voz de Galicia-Público de narrativa galego portuguesa, "Carmela e os ladróns" (2010), "¡Medre o mar!" (2013), "A fuga a Exipto" (2016) e "O neno mariñeiro" (Xerais 2017). Publicou en Xerais as seguintes obras de literatura infantil: "O león e o paxaro rebelde" (1969), "Xan Guindán, capitán" (1991), "Oso mimoso" (1992), "O gaiteiro e o Rato Pérez" (1994), Premio Merlín 1993, "Cristo e San Pedro, peregrinos" (1994), "Rata linda de Compostela" (1994, 2009) e "O Quirico lambón" (1997). En 2005 Xerais publicouse, na colección Crónica "Conversas con Bernardino Graña", de Rafael Fernández e Héitor Mera.
Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.
CONTACTE
Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.
Contacto
Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!