https://hablamosdelibros.es/producto/o-libro-de-borboligon/325215O libro de BorboligónChega a Hora do Conto. A Elba gústanlle os Contos de Felices Soños que lle le o seu pai antes de durmir e os Contos dos Domingos que relata a avoa Merliña na vella biblioteca. Cando chega o Nadal, pide como regalo de Reis «O libro de Borboligón», que garda todos os contos do mundo. O que ninguén imaxina, é que Elba pode acabar atrapada nas súas páxinas, convertida nun personaxe máis, entre princesas, dinosauros, piratas ou bruxas.
Había unha vez...
Unha aventura sorprendente que che fará crer na maxia dos contos e da lectura.https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2025/08/XG00418801-600x845.jpg6.99instockLibros infantiles00.000https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2025/08/XG00418801-300x300.jpg98397984019842998447983736.990.000.002025-08-20T07:33:05+02:00
O libro de Borboligón
Chega a Hora do Conto. A Elba gústanlle os Contos de Felices Soños que lle le o seu pai antes de durmir e os Contos dos Domingos que relata a avoa Merliña na vella biblioteca. Cando chega o Nadal, pide como regalo de Reis «O libro de Borboligón», que garda todos os contos do mundo. O que ninguén imaxina, é que Elba pode acabar atrapada nas súas páxinas, convertida nun personaxe máis, entre princesas, dinosauros, piratas ou bruxas.
Había unha vez…
Unha aventura sorprendente que che fará crer na maxia dos contos e da lectura.
Chega a Hora do Conto. A Elba gústanlle os Contos de Felices Soños que lle le o seu pai antes de durmir e os Contos dos Domingos que relata a avoa Merliña na vella biblioteca. Cando chega o Nadal, pide como regalo de Reis «O libro de Borboligón», que garda todos os contos do mundo. O que ninguén imaxina, é que Elba pode acabar atrapada nas súas páxinas, convertida nun personaxe máis, entre princesas, dinosauros, piratas ou bruxas.
Había unha vez…
Unha aventura sorprendente que che fará crer na maxia dos contos e da lectura.
Elena Gallego Abad (Teruel, 1969) é escritora e xornalista cunha ampla traxectoria profesional, ligada a diversos medios de prensa e radio galegos. Membro do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e da Federación Internacional de Periodistas (FIP), recibiu o Premio Xosé Aurelio Carracedo de xornalismo en 1998, no apartado de medios audiovisuais. Deuse a coñecer como narradora coa saga xuvenil «Dragal», publicada por Xerais: «Dragal I. A herdanza do dragón» (2010, finalista do IV Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil en 2009 e Premio Frei Martín Sarmiento 2012); «Dragal II. A metamorfose do dragón» (2011); «Dragal III. A fraternidade do dragón» (2012); «Dragal IV. A estirpe do dragón» (2015) e «Dragal V. O segredo do dragón» (2019). Autora das novelas policiais «Sete Caveiras» (Xerais, 2014) e «Ata que a morte nos separe» (Xerais, 2025), da romántica «O Xogo de Babel» (Xerais, 2017), da histórica «O legado da nena do sal» (Xerais, 2024), e da infantil «O libro de Borboligón» (Xerais, 2025), Elena Gallego Abad obtivo o II Premio de relatos curtos O Cabaleiro da Vila de Bouzas coa obra «A promesa» (2017). Autora de relatos publicados en diversos volumes colectivos, impartiu os obradoiros de escritura creativa «Imos Contar Mentiras», «Pontevedra Ficción» e «Proxecto Legado» (incluído no catálogo do programa Ler Conta Moito das bibliotecas públicas de Galicia 2023). Tras asumir a dirección dunha empresa do sector sanitario, actualmente é representante territorial do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia en Pontevedra, participa en faladoiros e imparte conferencias. Fotografía da autora: Lois G. D.
Chus Rojo (Pontevedra, 1986). Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, comezou a súa carreira profesional como deseñadora gráfica para máis tarde dedicarse a súa verdadeira paixón, as artes e a ilustración. Na actualidade traballa como ilustradora especializada en literatura infantil, libro de texto e publicidade. En Xerais é autora das ilustracións da novela infantil «O libro de Borboligón» (2025)
Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.
CONTACTE
Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.
Contacto
Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!