O maquinista Antón é unha obra de teatro dun único acto. Na estación do tren hai un gran barullo, porque o maquinista Antón está agochado e non quere conducir ningunha máquina máis. Mentres non aparece o maquinista, o home dos globos cre que o mellor será cantar, o pescador de soños cre que deberá facer o que el sabe, pescar soños, e a vella pensa: ¿non será mellor xogar ás agachadas e seguirlle o xogo ao Antón?
O maquinista Antón obtivo o premio de Teatro Xeración Nós en 1991, sendo o libro co que se deu a coñecer como autora An Alfaya. Xerais recupera para a súa colección Merlín tan magnífico texto da man das ilustracións de Santy Gutiérrez.