María, Frida, Nursa e Xeria, as catro músicas ambulantes que cantan en feiras, festas e romarías, vense implicadas nun estraño misterio. Unhas zocas moi noviñas, penduradas no alto das árbores, semellan querer avisalas de algo importante. O novo camiño que empezarán deste xeito vainas levar a viaxes inesperadas, perigos mortais, feitizos insólitos, dilemas vitais e probas asombrosas que as mudarán para sempre. Nada resultará ser o que pemsaban, mais elas non se acovardan.
Nesta historia hai contos familiares, hai contos descoñecidos e hai contos revirados. E tamén cantos e cantigas. As mozas desta historia non agardan que veña ningún príncipe a salvalas, porque elas saben defenderse soas.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.