https://hablamosdelibros.es/producto/o-natural-e-politico/101474O natural é políticoUn dos tópicos máis arraigados recoñece Galiza como unha paisaxe: un país verde, de dondas montañas e mil ríos, onde a poboación vive da casa labrega ou do oficio mariñeiro, apegada ao territorio e ao seu. Hai varias décadas que ese modelo deixou de existir para ser aceleradamente substituído polo único vixente coa globalización neoliberal. O natural é político, o novo ensaio de Teresa Moure, non é un texto especializado. Un determinado modelo de desenvolvemento económico e os problemas globais do planeta (quecemento, cambio climático, contaminación) desatan unhas páxinas en que alterna o ensaio literario coas narracións, para provocar unha revolta contra o medioambientalismo eslamiado e o consumismo masivo. Velaquí un berro doente a prol da liberación animal, da desobediencia civil que practica segas de cultivos transxénicos, da toma de conciencia; de estarmos, en fin, a vivir un momento crucial na historia da humanidade. A pesar de a literatura ecolóxica ter sona de pesimista, o texto participa do entusiasmo liberador, do compromiso e a militancia, e propón o ecoloxismo como unha estratexia de liberación nacional, un modelo de existencia atento non só aos intereses económicos, senón tamén á conservación da vida, que poña os coñecementos técnicos e científicos ao servizo dos ecosistemas e desenvolva técnicas menos agresivas na liña dun movemento que xa se coñece como ecoloxía profunda.https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00153201-600x927.jpg20.95instockLiteraturaLiteratura contemporánea00.000https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00153201-300x300.jpg1024491024471024199972010249320.950.000.002023-02-20T19:47:41+02:00
O natural é político
Un dos tópicos máis arraigados recoñece Galiza como unha paisaxe: un país verde, de dondas montañas e mil ríos, onde a poboación vive da casa labrega ou do oficio mariñeiro, apegada ao territorio e ao seu. Hai varias décadas que ese modelo deixou de existir para ser aceleradamente substituído polo único vixente coa globalización neoliberal. O natural é político, o novo ensaio de Teresa Moure, non é un texto especializado. Un determinado modelo de desenvolvemento económico e os problemas globais do planeta (quecemento, cambio climático, contaminación) desatan unhas páxinas en que alterna o ensaio literario coas narracións, para provocar unha revolta contra o medioambientalismo eslamiado e o consumismo masivo. Velaquí un berro doente a prol da liberación animal, da desobediencia civil que practica segas de cultivos transxénicos, da toma de conciencia; de estarmos, en fin, a vivir un momento crucial na historia da humanidade. A pesar de a literatura ecolóxica ter sona de pesimista, o texto participa do entusiasmo liberador, do compromiso e a militancia, e propón o ecoloxismo como unha estratexia de liberación nacional, un modelo de existencia atento non só aos intereses económicos, senón tamén á conservación da vida, que poña os coñecementos técnicos e científicos ao servizo dos ecosistemas e desenvolva técnicas menos agresivas na liña dun movemento que xa se coñece como ecoloxía profunda.

Teresa Moure Pereiro é profesora de lingüística xeral na Universidade de Santiago de Compostela e autora das seguintes novelas: A xeira das árbores (2004), Premio Lueiro Rey 2004 e Premio San Clemente 2005; Herba moura (Xerais 2005), Premio Xerais de novela 2005, Premio Irmandade do libro á autora do ano 2005, Premio da Asociación de Escritores en lingua galega 2005, Premio Benito Soto á mellor novela do ano 2005 e Premio da crítica española 2005; Benquerida Catástrofe (Xerais, 2007); A casa dos lucarios (Xerais, 2007) e A intervención (Xerais 2010). Publicou ademais ensaios: Outro idioma é posible (2005), Premio Ramón Piñeiro de ensaio 2004; A palabra das fillas de Eva (2005), Premio da crítica de Galicia 2005, O natural é político (Xerais 2008), Ecolingüística (2011) e Queer-emos un mundo novo. Sobre cápsulas, xéneros e falsas clasificacións (2012), Premio Ramón Piñeiro de ensaio 2011. Obtivo o premio Rafael Dieste 2007 pola peza dramática Unha primavera para Aldara (2008, Xerais 2009), levada á escena por Teatro do Atlántico, e recoñecida co premio María Casares ao mellor texto orixinal 2009 e co Premio AELG 2009 a texto teatral. Tamén en teatro publicou Cínicas (2010). No eido do álbum ilustrado publicou dous textos dirixidos ás nais: Eu tamén son fonte (2008) e Mamá, ti si que me entendes! (2009), ilustrados por Leandro Lamas. Algunhas das súas novelas e ensaios foron traducidos a varias linguas. Para alén diso, a autora tira a forza para escribir das intervencións orais onde mostra o compromiso da súa obra co feminismo, coa ecoloxía e coa nación. Coordinou a obra colectiva "Bolxeviques (1917-2017), publicada en dous volumes diferentes por Xerais e Através.
Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.
CONTACTE
Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.
Contacto
Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!