«Naqueles primeiros días de xullo de 1936, don Antonio Cerqueira, elegantemente vestido co seu traxe de xastrería, chaleco, gravata e chapeu, comía na terraza do Bar Canido dúas nécoras con suma destreza e rapidez, coma se levase toda a vida manipulando criaturas minúsculas e indefensas». Deste xeito comeza «O teito é de pedra», unha novela escrita coa pel e coas entrañas da emoción para homenaxear a todas as persoas que deron a súa vida pola democracia ou que padeceron en calquera das súas formas a represión franquista.
Tomando como referencia o libro «Memoria dunha parroquia republicana», de Bernardo Vázquez Acuña, Álex Alonso sitúanos nunha época en que as políticas da República permitían unha mellora da vida das clases humildes, o que era visto polas clases industriais como unha ameaza inasumible. Con personaxes baseados en persoas reais e ambientada na zona de Vigo (San Miguel de Oia, Coruxo e outras parroquias limítrofes), esta novela describe de forma maxistral e próxima os terribles feitos acontecidos durante o golpe de Estado de 1936, cando se fará cachizas unha sociedade que aínda hoxe segue en proceso de reconstrución.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.