https://hablamosdelibros.es/producto/o-veleno-da-risa/99176O veleno da risaOs planos do século III que se usaron para construír a muralla de Lugo aparecen nunha escavación arqueolóxica. O misterioso Home da Máscara consegue facerse con eses documentos e Tintimán, o reporteiro máis novo e espelido de Galicia, terá que recuperalos e desenmascarar o malvado. O delincuente está disposto a negociar: a cambio dos planos quere unha xoia castrexa, O carneiro alado, que Tintimán deberá roubar no Museo Provincial. Misterio, asasinatos e amor, nunha nova aventura de Tintimán, esta vez na cidade de Lugo.https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00214501-600x908.jpg13.95instockLiteratura juvenilNovelas juveniles00.000https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00214501-300x300.jpg987299874198707987619871313.950.000.002023-02-20T18:27:30+02:00
O veleno da risa
Os planos do século III que se usaron para construír a muralla de Lugo aparecen nunha escavación arqueolóxica. O misterioso Home da Máscara consegue facerse con eses documentos e Tintimán, o reporteiro máis novo e espelido de Galicia, terá que recuperalos e desenmascarar o malvado. O delincuente está disposto a negociar: a cambio dos planos quere unha xoia castrexa, O carneiro alado, que Tintimán deberá roubar no Museo Provincial. Misterio, asasinatos e amor, nunha nova aventura de Tintimán, esta vez na cidade de Lugo.
Os planos do século III que se usaron para construír a muralla de Lugo aparecen nunha escavación arqueolóxica. O misterioso Home da Máscara consegue facerse con eses documentos e Tintimán, o reporteiro máis novo e espelido de Galicia, terá que recuperalos e desenmascarar o malvado. O delincuente está disposto a negociar: a cambio dos planos quere unha xoia castrexa, O carneiro alado, que Tintimán deberá roubar no Museo Provincial. Misterio, asasinatos e amor, nunha nova aventura de Tintimán, esta vez na cidade de Lugo.
Jaureguizar (Bilbo, 1965). Xornalista. Traballa en El Progreso de Lugo. Como narrador ten publicados os seguintes libros: "Fridon spik" (Xerais 1995, 2003), narracións breves; "Comendo espaguetis diante da televisión" (Xerais 1998), novela; "As horas sucias" (Xerais 2001), novela; "Breve crónica universal da clase obreira" (2001), novela, Premio Lueiro Rey 2001, "Casa Skylab" (Premio Xerais 2003), novela, "Cabaret Voltaire" (Premio Manuel García Barros 2005), novela "O Globo de Shakespeare" (Premio Terra de Melide, Xerais 2008) e "Placebo" (Xerais, 2016). É autor, ademais, das novelas xuvenís "Todo a cen" (1995), "A rutina corsaria" (Xerais 1998), "Salitre" (Xerais 1999), "¡Balea morta ou lancha a pique!" (Xerais 2002), "A cova das vacas mortas" (Xerais 2006), premio Fundación Caixa Galicia de Literatura xuvenil, "Plastilina nos pulmóns" (2007), "O contador de estrelas" (2009), "Os Sabuxos entran na casa do pé esquerdo" (Xerais, 2013) e "Os Sabuxos divírtense no Museo Prohibido" (Xerais, 2015). Ademais é autor da serie de novelas protagonizada polo xove detective Tintimán: "Corazón de chocolate. Un misterio para Tintimán en Compostela" (Xerais 2010), "A coroa de napoleón. Un misterio para Tintimán na Coruña", "Amor de Serea. Un misterio para Tintimán en Vigo" (Xerais 2012), "O veleno da risa. Un misterio para Tintimán en Lugo" (Xerais 2014) e "A boca do inferno. Un misterio para Tintimán en Ourense" (Xerais 2017). Mantén aberto o blog Cabaret Voltaire.
José Matalobos é deseñador gráfico. Comezou traballando como ilustrador e infógrafo do diario "El Progreso" ao tempo que desenvolveu unha actividade constante no campo da pintura. Na actualidade traballa como artista gráfico independente para o xornal "La Voz de Galicia", editoriais, axencias de publicidade e institucións, realizando actividades relacionadas coa arte gráfica en xeral: portadas, carteis, ilustración, etc. Para Xerais, ilustrou os libros da serie Tintimán e os volumes "Os Sabuxos entran na casa do pé esquerdo" (2013) e "Os Sabuxos divírtense no Museo Prohibido" (2015), obras do escritor Santiago Jaureguizar. Os seus traballos pódense ver no seu sitio web: www.matalobos.com.
Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.
CONTACTE
Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.
Contacto
Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!