https://hablamosdelibros.es/producto/ofrenda-a-tormenta/316382Ofrenda á tormentaNa derradeira e contundente novela da triloxía de Dolores Redondo ambientada no Val do Baztán, topamos de novo coa inspectora Amaia Salazar, da Policía Foral de Navarra, un dos personaxes máis singulares da novela negra publicada nos últimos anos. Outra volta cunha trama trepidante e estremecedora, a novela non deixa en ningún momento de causar sorpresa nos lectores e lectoras. A trama comeza cando unha muller atopa sospeitosa a morte súbita da súa neta, aínda un bebé de berce, dado o estraño comportamento do pai da nena, detido cando intentaba roubar o cadáver. Na trama entra tamén en xogo, da man da avoa, unha criatura máxica arraigada no val, chamada inguma, un ser maléfico que é quen de durmir persoas ás que lles arrebata a vida. A ese feito engádese a circunstancia de que o bebé mostra unhas marcas avermelladas no rostro que son indicio de sucesos irregulares. Pero tamén o asasino aparece morto na súa cela da cadea, logo dun coma inducido por unha droga. A inspectora Amaia Salazar e o seu equipo descobren as circunstancias irregulares dalgúns crimes parecidos que se produciron no pasado no propio val e a trama acelérase cara a unha resolución sorprendente para a que a inspectora debe enfrontarse á verdadeira orixe dos sucesos que marcaron tan decididamente o Val do Baztán.https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2024/04/XG00240201-600x910.jpg8.99instockLiteraturaNovela negra, misterio y thriller00.000https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2024/04/XG00240201-300x300.jpg82433824319825782475824698.990.000.002024-04-05T04:21:47+02:00
Ofrenda á tormenta
Na derradeira e contundente novela da triloxía de Dolores Redondo ambientada no Val do Baztán, topamos de novo coa inspectora Amaia Salazar, da Policía Foral de Navarra, un dos personaxes máis singulares da novela negra publicada nos últimos anos. Outra volta cunha trama trepidante e estremecedora, a novela non deixa en ningún momento de causar sorpresa nos lectores e lectoras. A trama comeza cando unha muller atopa sospeitosa a morte súbita da súa neta, aínda un bebé de berce, dado o estraño comportamento do pai da nena, detido cando intentaba roubar o cadáver. Na trama entra tamén en xogo, da man da avoa, unha criatura máxica arraigada no val, chamada inguma, un ser maléfico que é quen de durmir persoas ás que lles arrebata a vida. A ese feito engádese a circunstancia de que o bebé mostra unhas marcas avermelladas no rostro que son indicio de sucesos irregulares. Pero tamén o asasino aparece morto na súa cela da cadea, logo dun coma inducido por unha droga. A inspectora Amaia Salazar e o seu equipo descobren as circunstancias irregulares dalgúns crimes parecidos que se produciron no pasado no propio val e a trama acelérase cara a unha resolución sorprendente para a que a inspectora debe enfrontarse á verdadeira orixe dos sucesos que marcaron tan decididamente o Val do Baztán.

Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.
CONTACTE
Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.
Contacto
Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!