https://hablamosdelibros.es/producto/os-aforismos-do-riso-futurista/106041Os aforismos do riso futuristaEste volume constitúe unha achega colectiva a un xénero non moi traballado na literatura galega: o aforismo. Un conxunto de 48 autores das máis diversas traxectorias e xéneros desprega un variado repertorio de enxeño, lucidez e creatividade a través da chispa da imaxinación, do bisturí da análise e da cortesía da brevidade.
Estilos moi variados. Estéticas plurais. Cosmovisións intelectuais diversas. En definitiva, todos os posibles camiños estéticos, conceptuais e formais aparecen nestas sentenzas, apotegmas, reflexións aforísticas do noso tempo, cunha temática que vai da denuncia á observación lúcida, da evocación poetizadora á máxima moralizante, da reflexión ontolóxica á sátira social, do ferrete contra un vicio ou unha vexación á revelación do mínimo, do sutil, do dificilmente apreixable e expresable.
O aforismo, un xénero en verdadeira expansión na actualidade, recibe así un pulo extraordinario na nosa tradición cultural. Un xénero breve e incisivo, acaído á vertixe dos tempos que corren. https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00259801-600x931.jpg14.50instockLiteraturaPoesía00.000https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00259801-300x300.jpg988059903010244910141810239314.500.000.002023-02-20T22:35:26+02:00
Os aforismos do riso futurista
Este volume constitúe unha achega colectiva a un xénero non moi traballado na literatura galega: o aforismo. Un conxunto de 48 autores das máis diversas traxectorias e xéneros desprega un variado repertorio de enxeño, lucidez e creatividade a través da chispa da imaxinación, do bisturí da análise e da cortesía da brevidade.
Estilos moi variados. Estéticas plurais. Cosmovisións intelectuais diversas. En definitiva, todos os posibles camiños estéticos, conceptuais e formais aparecen nestas sentenzas, apotegmas, reflexións aforísticas do noso tempo, cunha temática que vai da denuncia á observación lúcida, da evocación poetizadora á máxima moralizante, da reflexión ontolóxica á sátira social, do ferrete contra un vicio ou unha vexación á revelación do mínimo, do sutil, do dificilmente apreixable e expresable.
O aforismo, un xénero en verdadeira expansión na actualidade, recibe así un pulo extraordinario na nosa tradición cultural. Un xénero breve e incisivo, acaído á vertixe dos tempos que corren.

Xavier Seoane (A Coruña, 1954). Escritor, profesor, conferenciante, articulista, comisario de exposicións e organizador cultural, participa desde a década de 1970 na renovación cultural, artística e literaria de Galicia. Formou parte de movementos con artistas plásticos. Foi membro fundador da revista e foro «Luzes de Galiza» e do grupo poético «De amor e desamor». Na súa poesía destaca «Don do horizonte» (1999), que recolle o conxunto dos seus libros poéticos; posteriormente publicou os poemarios «Dársenas do ocaso» (2002), «Vagar de amor e sombra» (2004), «Para unha luz ausente» (2006), «Do ventre da cóbrega» (2008), «Raíz e soño» (2009), «Espiral de sombras» (2013), «Threnói» (2016) e «A póla branca» (Xerais, 2020). No ensaio artístico editou «Identidade e convulsión» (1990), «Reto ou rendición» (1994), e libros, ensaios, catálogos e artigos sobre numerosos artistas. No ensaio humanístico, «Atravesar o espello» (Xerais, 2000), unha defensa da lectura; «O sol de Homero» (Xerais, 2002), unha reflexión sobre a función da poesía; «Saudar a vida» (Xerais, 2007), sobre a relación entre as humanidades e as ciencias; «Todos somos Ulises» (Xerais, 2016) e «Lingua de Eva e Adán» (2018). Na narrativa publicou as novelas «Ábrelle a porta ao mar» (2000), «Filiberto e Sofonisba» (2010) e «A Dama da noite» (2014), esta última sobre Rosalía de Castro. No aforismo, «Irispaxaros» (1984), «A rocha imantada» (2011) e coordinou o libro «Os aforismos do riso futurista» (Xerais, 2017). En 2021 estréase na colección Merlín de Xerais co libro de poemas infantís «Cancións para Ana Lúa», con ilustracións de Correa Corredoira.
Entre outros, recibiu os premios Cidade da Coruña, Esquío, Caixanova, Crítica Española e Espiral Maior. A súa obra está traducida a varios idiomas e foi seleccionada en múltiples antoloxías.
Francisco Pillado Maior (A Coruña, 1941). Cofundador e director, até o ano 2012, de Edicións Laiovento, dirixiu tamén os Cadernos da Escola Dramática Galega, os Cadernos da Sala «Luis Seoane» e a revista Casahamlet. Tamén
versionou e traduciu ao galego obras de Federico García Lorca, Antón Chekhov, Osvaldo Dragún, Jean Genet, Michel de Ghelderode, Samuel Beckett, Jean-Paul Sartre e Mario Benedetti.
Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.
CONTACTE
Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.
Contacto
Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!