https://hablamosdelibros.es/producto/os-tres-nomes-da-sartegua/330522Os tres nomes da SarteguaElisardo criouse en Cadullo, unha parroquia do concello de Vimianzo ben coñecida por renderlle culto á Sartegua. Despois de anos afastado da vida no lugar, regresa para asistir a un enterro ao que non podía faltar. Desnortado tras un matrimonio esfarelado e cunha relación distante coa filla, decide arranxar a casa familiar e cambiar de vida, atraído polo que significa ser «un fillo da Santa, da Sartegua».
Entre os ecos do que se agocha no río e nos montes de Cadullo, Elisardo e dous vellos amigos seus enfróntanse á culpa e aos segredos. Mais cando a cobiza e o medo entran na aldea, o mito da Santa deixa de ser só unha lenda para converterse nunha ameaza, e eles tres deberán decidir se encaran a verdade ou se deixan arrastrar pola corrente cara á liña que separa a realidade do mito.
En «Os tres nomes da Sartegua» Alberto Mancebo constrúe un relato luminoso e tenro sobre a amizade, o desarraigamento e o poder da cultura rural e das tradicións. Unha historia profundamente humana que conmociona, interpela e permanece na memoria de quen a le.https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2026/08/XG00429901-600x890.jpg9.99instockLiteraturaNovela literaria00.000https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2026/08/XG00429901-300x300.jpg98283982758246582467824339.990.000.002026-08-05T07:33:34+02:00
Os tres nomes da Sartegua
Elisardo criouse en Cadullo, unha parroquia do concello de Vimianzo ben coñecida por renderlle culto á Sartegua. Despois de anos afastado da vida no lugar, regresa para asistir a un enterro ao que non podía faltar. Desnortado tras un matrimonio esfarelado e cunha relación distante coa filla, decide arranxar a casa familiar e cambiar de vida, atraído polo que significa ser «un fillo da Santa, da Sartegua».
Entre os ecos do que se agocha no río e nos montes de Cadullo, Elisardo e dous vellos amigos seus enfróntanse á culpa e aos segredos. Mais cando a cobiza e o medo entran na aldea, o mito da Santa deixa de ser só unha lenda para converterse nunha ameaza, e eles tres deberán decidir se encaran a verdade ou se deixan arrastrar pola corrente cara á liña que separa a realidade do mito.
En «Os tres nomes da Sartegua» Alberto Mancebo constrúe un relato luminoso e tenro sobre a amizade, o desarraigamento e o poder da cultura rural e das tradicións. Unha historia profundamente humana que conmociona, interpela e permanece na memoria de quen a le.

Alberto Mancebo (Vimianzo, 1983). Un día, vendo a Matías Prats no televisor, díxolle aos seus pais que quería dedicarse a iso de maior. Estudou Xornalismo en Santiago de Compostela e en 2004 comezou a traballar na Televisión de Galicia. Na canle pública, é presentador de informativos, pero tamén exerceu como correspondente internacional e enviado especial.
Un mes de xaneiro de 2021 comezou a escribir e, dende aquela, faino a diario. «Os tres nomes da Sartegua» (Xerais, 2026) é a súa terceira novela publicada, despois de «O que me quedaba por dicirche» (Xerais, 2023) e «Indolente» (Xerais, 2024), coa que gañou o Premio Manuel Lueiro Rey.
Non leva ben o de facer exercicio e lembrarse de apagar as luces da casa, así e todo, procura facer as dúas cousas case todos os días.
Fotografía do autor: Jorge Álvarez Parada.
adroll_adv_id = "MG4DXLEHD5ABTAVH7CHI63";
adroll_pix_id = "47QKL24UGBDU7DMKFT5CTY";
adroll_version = "2.0";
adroll_current_page = "product_page";
adroll_currency = "EUR";
adroll_language = "es_ES";
adroll_products = [{"product_id":"330522","price":"9.99","category":"literatura","name":"Os tres nomes da Sartegua"}];
Contacto
Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.
CONTACTE
Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.
Contacto
Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!