Coidado… coidado, ti, lector; amodo, pois este libro que tes nas túas mans agora mesmo é fráxil coma o punto xusto máxico de unión de dúas cereixas nos días de primavera. Así é. Aínda que este oso, mamá, si? é brutalmente sincero coma un temporal na fisterra máis atlántica e animal. O poemario, de innovadora linguaxe poética, susúrranos ao oído, moi baixiño, a maxia, por unha banda, e a brutalidade por outra, que se agocha en algo tan especial como é a maternidade.
Pero non só, pois oso, mamá, si? non é un libro sobre a maternidade… non; este novo poemario de María Lado, fala de todo iso co que irremediablemente conectamos nas nosas vidas, independentemente de quen sexamos; todo ese amor que desprendemos, o medo ao paso do tempo, a nosa evolución persoal, as dúbidas invernais, a calor que acentúa cada caricia, cada aperta… en definitiva, do longo e escarpado camiño vital que percorremos todos e cada un de nós. Suso Vaamonde.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
