Vinganza, traizón, envexa, ira, mentiras, luxuria, avaricia. Casualidades e causalidades. Faltas máis ou menos graves, erros fatais. Coma elos dunha mesma cadea, as mulleres que transitan por «Pecados veniais» teñen en común a circunstancia de que nun intre da súa vida algo as leva a tomar decisións, a adoptar condutas, a converterse en protagonistas de sucesos que xamais imaxinaron representar.
Esta escolma de historias enfiadas, non exentas de humor acedo, pon o foco na traseira desas situacións, esperadas ou inesperadas, que de socate cambian a vida de quen as padece.
Os abusos a menores, o acoso no traballo, a precariedade laboral, o dereito a ter unha vivenda, a decidir ser ou non ser nai e a elixir profesión por riba do xénero son asuntos que pairan tamén sobre esta historia. Unha historia que retrata a sociedade hostil en que vivimos e que fai aínda máis vulnerables as mulleres.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.