Para a maioría dos que, durante moitos anos, se achegaron á poesía popular galega do século XIX, esta empezaba e ramataba no “Cancioneiro popular gallego (1885-86)” de Pérez Ballesteros. Antes del, este xénero parecía non existir aos ollos da historia da literatura, que se limitou a recoñecer algunhas poesías dispersas, xeralmente como parte secundaria de obras ‘serias’.
A presente obra recolle, describe, sistematiza e interpreta a poesía popular dun período de 140 anos de a cabalo entre os séculos XVIII e XIX: o comprendido entre a redacción do Viaxe a Galicia (1745) do Padre Sarmiento -primeira obra moderna na que se transcribe a letra dunha cantiga- e a publicación da devandita compilación de Pérez Ballesteros. Dos aproximadamente 6.400 textos aquí recopilados (3.912 textos base, máis os parcialmente coincidentes e os repetidos), uns 2.900 publícanse agora por vez primeira; entre eles, nove recollidos por Rosalía de Castro e dous por Sarmiento.
Recupérase así un inxente patrimonio literario, xenuinamente galego, e amósase, ao mesmo tempo, a enorme variedade e riqueza desta literatura e o seu uso xeralizado entre a poboación galega dos séculos pasados.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.