Ir al contenido
  • Temática
    • Literatura
      • Novela romántica
      • Aventuras
      • Ciencia Ficción
      • Fantasía
      • Grandes Clásicos
      • Literatura contemporánea
      • Novela histórica
      • Novela literaria
      • Novela negra, misterio y thriller
      • Humor
      • Poesía
      • Literatura juvenil
      • Ficción femenina
    • Cómic e ilustrado
      • Cómic
      • Novela gráfica
      • Libros ilustrados
      • Cómic infantil
      • Cómic juvenil
      • Cómic de autor
      • Cómic de humor
      • Cómic de no ficción
      • Cómics de influencers
    • Ciencia historia y sociedad
      • Historia
      • Biografías y memorias
      • Ciencia y tecnología
      • Economía, política, sociedad y actualidad
      • Filosofía
    • Salud y bienestar
      • Autoayuda
      • Espiritualidad
      • Familia y crianza
      • Nutrición, belleza y fitness
    • Ocio y libro práctico
      • Arte
      • Cine y música
      • Business
      • Cocina
      • Fotografía
      • Guías y literatura de viajes
      • Tiempo libre
      • Uso de la lengua y diccionarios
    • Libros ilustrados
      • De 0 a 3 años
      • A partir de 4 años
      • A partir de 7 años
      • A partir de 9 años
    • Literatura juvenil
      • Ocio
      • Autoconocimiento y binestar
      • Historias reales
      • Ciencia Ficción juvenil
      • Ciencia, tecnología y naturaleza
      • Activismo
      • Novela fantástica juvenil
      • Libros juveniles de influencers
      • Novelas juveniles
      • Novela romántica juvenil
      • Novela juvenil de aventuras
      • Poesía juvenil
      • Thriller juvenil
      • Tiempo libre juvenil
    • Universidad
      • Derecho
      • Filosofía y pensamiento
      • Sociología
      • Comunicación
      • Política
      • Arte y estética
      • Materiales de apoyo
      • Economía
      • Psicología
      • Educación
      • Ciencia y técnica
      • Música
      • Oposiciones
  • Autores
  • Editorial
  • Actualidad
Buscar
https://hablamosdelibros.es/producto/poesia-reunida-de-x-l-mendez-ferrin-2/ 318643 Poesía reunida de X. L. Méndez Ferrín A figura e mais a obra de X. L. Méndez Ferrín son determinantes na historia da Galicia contemporánea. No caso da súa poesía achamos un río de longa e ás veces accidentada singradura, especialmente por causas políticas durante o período franquista, que aquí se detallan. Comeza con «Voce na néboa» (1957), que nos descobre de xeito embrionario os principais camiños do poeta, e prosegue con «Antoloxía popular» (1972), poesía cívica asinada por Heriberto Bens, poeta heterónimo do noso autor desde «Poesía enteira de Heriberto Bens» (1980). A publicación en 1976 de «Con pólvora e magnolias» é un antes e un despois na historia da literatura galega contemporánea pola apertura de horizontes que incorpora e ao seu ciclo poético cómpre engadir en «O fin dun canto» (1982). En 1994 «Estirpe» suporá un importante xiro estilístico e temático, mentres que «Contra Maquieiro» (2005) será un máis alá que pecha o conxunto. Polo medio aínda outras obras moi relacionadas coa expresión plástica «Homes e illas» (1986), «Morte de Amadís» (1989), «Erótica» (1991), «O outro» (2002) e «Albh» (2007). Neste volume inclúese tamén a súa poesía dispersa, que en parte fora xuntada polo autor en «Era na selva de Esm» (2004). Anxo Angueira, profesor da Universidade de Vigo, escritor e ensaísta, fixo a súa tese sobre «Bretaña, Esmeraldina» de Méndez Ferrín e a edición crítica da poesía de Rosalía de Castro. Esta edición da poesía do autor ourensán ofrece un longo estudo introdutorio, así como un detallado repertorio de notas de cada poema. https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2024/08/XG00314701-600x910.jpg 9.99 instock LiteraturaPoesía 0 0.00 0 https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2024/08/XG00314701-300x300.jpg 9875198727987299873798741 9.99 0.00 0.00 2024-08-07T07:25:58+02:00
Inicio / Literatura / Poesía / Poesía reunida de X. L. Méndez Ferrín

Poesía reunida de X. L. Méndez Ferrín

A figura e mais a obra de X. L. Méndez Ferrín son determinantes na historia da Galicia contemporánea. No caso da súa poesía achamos un río de longa e ás veces accidentada singradura, especialmente por causas políticas durante o período franquista, que aquí se detallan. Comeza con «Voce na néboa» (1957), que nos descobre de xeito embrionario os principais camiños do poeta, e prosegue con «Antoloxía popular» (1972), poesía cívica asinada por Heriberto Bens, poeta heterónimo do noso autor desde «Poesía enteira de Heriberto Bens» (1980). A publicación en 1976 de «Con pólvora e magnolias» é un antes e un despois na historia da literatura galega contemporánea pola apertura de horizontes que incorpora e ao seu ciclo poético cómpre engadir en «O fin dun canto» (1982). En 1994 «Estirpe» suporá un importante xiro estilístico e temático, mentres que «Contra Maquieiro» (2005) será un máis alá que pecha o conxunto. Polo medio aínda outras obras moi relacionadas coa expresión plástica «Homes e illas» (1986), «Morte de Amadís» (1989), «Erótica» (1991), «O outro» (2002) e «Albh» (2007). Neste volume inclúese tamén a súa poesía dispersa, que en parte fora xuntada polo autor en «Era na selva de Esm» (2004).
Anxo Angueira, profesor da Universidade de Vigo, escritor e ensaísta, fixo a súa tese sobre «Bretaña, Esmeraldina» de Méndez Ferrín e a edición crítica da poesía de Rosalía de Castro. Esta edición da poesía do autor ourensán ofrece un longo estudo introdutorio, así como un detallado repertorio de notas de cada poema.

Formato:

9,99 €

( impuestos incluidos )
Amazon
Casa del Libro
Fnac
DESCRIPCIÓN
FICHA TÉCNICA
DESCRIPCIÓN

A figura e mais a obra de X. L. Méndez Ferrín son determinantes na historia da Galicia contemporánea. No caso da súa poesía achamos un río de longa e ás veces accidentada singradura, especialmente por causas políticas durante o período franquista, que aquí se detallan. Comeza con «Voce na néboa» (1957), que nos descobre de xeito embrionario os principais camiños do poeta, e prosegue con «Antoloxía popular» (1972), poesía cívica asinada por Heriberto Bens, poeta heterónimo do noso autor desde «Poesía enteira de Heriberto Bens» (1980). A publicación en 1976 de «Con pólvora e magnolias» é un antes e un despois na historia da literatura galega contemporánea pola apertura de horizontes que incorpora e ao seu ciclo poético cómpre engadir en «O fin dun canto» (1982). En 1994 «Estirpe» suporá un importante xiro estilístico e temático, mentres que «Contra Maquieiro» (2005) será un máis alá que pecha o conxunto. Polo medio aínda outras obras moi relacionadas coa expresión plástica «Homes e illas» (1986), «Morte de Amadís» (1989), «Erótica» (1991), «O outro» (2002) e «Albh» (2007). Neste volume inclúese tamén a súa poesía dispersa, que en parte fora xuntada polo autor en «Era na selva de Esm» (2004).
Anxo Angueira, profesor da Universidade de Vigo, escritor e ensaísta, fixo a súa tese sobre «Bretaña, Esmeraldina» de Méndez Ferrín e a edición crítica da poesía de Rosalía de Castro. Esta edición da poesía do autor ourensán ofrece un longo estudo introdutorio, así como un detallado repertorio de notas de cada poema.

FICHA TÉCNICA

Colección
Clásicos – Dixital
Editorial
Xerais
SKU
9788411105781
Código Comercial
1378909
Fecha Publicación
05/09/2024
ISBN
978-84-1110-578-1

SOBRE EL AUTOR/A

X. L. Méndez Ferrín
X. L. MÉNDEZ FERRÍN (Ourense, 1938) é unha figura cimeira da cultura galega contemporánea. O seu labor abrangue os ámbitos da narrativa, da crítica, da investigación, do pensamento e da acción política e social. Doutor en Filoloxía, recibiu premios como o Celanova Casa dos Poetas, o Premio Trasalba, o Premio Irmandade do Libro ao Autor do Ano, o Premio da Crítica Española, o Premio Losada Diéguez ou o Premio Nacional da Cultura Galega. É autor dunha obra compacta, unitaria, que abala entre a realidade e a fantasía, e creou espazos literarios de referencia para o ámbito da cultura. A súa obra narrativa iniciouse hai cincuenta anos con Percival e outras historias (1958), e desde aquela publicou títulos tan emblemáticos como O crepúsculo e as formigas (1961), Arrabaldo do norte (1964), Retorno a Tagen Ata (1971), Elipsis e outras sombras (1974), Antón e os inocentes (1976), Crónica de nós (1980), Amor de Artur (1982), Bretaña, Esmeraldina (1987, 2007), Arraianos (1991), ou No ventre do silencio (1999). Como poeta, logo de Voce na néboa (1957), Antoloxía Popular (1972) e Sirventés pola destrucción de Occitania (1975), o poemario Con pólvora e magnolias (1977) provocou un revulsivo na poesía daquela altura e mudou o seu rumbo. Logo viñeron títulos como Poesía enteira de Heriberto Bens (1980), O fin dun canto (1982), Erótica (1992), Estirpe (1994), O outro (2002), Era na selva de Esm (2004) e Contra Maquieiro (2005). No ano 2024, Anxo Angueira compilou toda a súa obra poética no volume Poesía reunida (2024). Para o público xuvenil publicou Arnoia, Arnoia (1986), incluída na Lista de Honra do IBBY en 1988.
Anxo Angueira
Anxo Angueira Viturro (Manselle, 1961) é doutor en Filoloxía Galega e profesor da Universidade de Vigo. No ámbito da creación literaria publicou obras poéticas e narrativas: «Val de Ramirás» (1989), «O valo de Manselle» (Xerais, 1996), «Bágoas de facer illas» (Xerais, 1997), «Libro da Vertixe» (1997), «Pensa nao» (Premio Xerais de Novela 1999), «Terra de Iria. Viaxe ó país de Rosalía de Castro» (2002), «A morte de A.» (Xerais, 2003), «Fóra do sagrado» (Xerais, 2007) e «Iria» (Xerais, 2012). Como ensaísta, ademais dos seus estudos sobre Méndez Ferrín («A espiral no espello. Bretaña, Esmeraldina e o sistema literario galego»), vén centrando as súas investigacións na época do Rexurdimento: publicou «Das copras de Sarmiento aos cantares de Rosalía de Castro. Cara a unha nova periodización do Rexurdimento» (2013), realizou as edicións críticas de «Cantares gallegos», «Follas novas» e «En las orillas de Sar» e publicou diferentes traballos sobre Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Fernández Morales. Desde 2012 preside a Fundación Rosalía de Castro. Fotografía do autor: Anxo Cabada.
❮ ❯

TAMBIÉN TE PUEDE INTERESAR

O Chispas
Manuel Rivas
Sonia García
Tapa blanda
Non o saben as estrelas
Diego Alfonsín
eBook
As viaxes de Ruki
Ramón Caride
Manolo Uhía
Tapa blanda
Anthology of galician literature / Antoloxía da literatura galega 1981-2011
Anthology of galician literature / Antoloxía da literatura galega 1981-2011
Tapa blanda
Os Megatoxos e o reto de Internet
Anxo Fariña
eBook
Lóstregos
Xosé Neira Vilas
Tapa blanda
hablamos-de-libros-logo

Sobre nosotros

  • Actualidad
  • Quiénes Somos
  • Grupo Anaya
  • Actualidad
  • Quiénes Somos
  • Grupo Anaya

Otros links

  • Política de Privacidad
  • Política de cookies
  • Línea ética – Grupo Anaya
  • Política de Privacidad
  • Política de cookies
  • Línea ética – Grupo Anaya
Línea Ética / Denuncias Administrar mis cookies
GRUPO ANAYA. S.A.U. | C/ Valentín Beato, nº 21. 28037. Madrid (España) | clientes@grupoanaya.com
LinkedIn Link Grupo Anaya Link
adroll_adv_id = "MG4DXLEHD5ABTAVH7CHI63"; adroll_pix_id = "47QKL24UGBDU7DMKFT5CTY"; adroll_version = "2.0"; adroll_current_page = "product_page"; adroll_currency = "EUR"; adroll_language = "es_ES"; adroll_products = [{"product_id":"318643","price":"9.99","category":"literatura","name":"Poes\u00eda reunida de X. L. M\u00e9ndez Ferr\u00edn"}];

Utilizamos cookies para ofrecerte la mejor experiencia en nuestra web.

Puedes aprender más sobre qué cookies utilizamos o desactivarlas en los .

Contacto

Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el  e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.

CONTACTE

Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.

Contacto

Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.

Powered by  GDPR Cookie Compliance
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.

Cookies estrictamente necesarias

Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.

Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.

Cookies de terceros

Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.

Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.

¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!

Política de cookies

Más información sobre nuestra política de cookies