https://hablamosdelibros.es/producto/que-me-pare-o-corazon-se-te-esquezo/142621Que me pare o corazón se te esquezoBlue Shiva é a deusa das redes sociais. Na súa popular canle aparecen os retos virais máis arriscados. Pero tamén é unha deusa fráxil. A noite en que decide camiñar polo bordo dun edificio de dez andares, só desexa que a chuvia deteña a súa ousadía. Porén, Nordestal é unha cidade ventosa, e Blue Shiva precipítase ao seu propio abismo.
Axiña as redes sociais difunden a nova da súa morte. Do outro lado da pantalla, Ada, que non pode crer que Blue Shiva xa non exista, pídelle axuda á súa irmá xemelga, Lúa, e convértea en cómplice involuntaria. Pola súa banda, Gabriel regresa a Nordestal guiado polos latexos do seu corazón.
Narrada a dúas voces, Que me pare o corazón se te esquezo é unha historia sobre ese mar que nos axita por dentro e sobre aquel que se abre alén das nosas pantallas, tinguido pola peor sombra e, ao tempo, capaz da maior luz.
https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00360201-1-600x969.jpg6.99instockLibros infantiles00.000https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00360201-1-300x300.jpg10244510249399030102443997206.990.000.002023-02-22T13:13:32+02:00
Que me pare o corazón se te esquezo
Blue Shiva é a deusa das redes sociais. Na súa popular canle aparecen os retos virais máis arriscados. Pero tamén é unha deusa fráxil. A noite en que decide camiñar polo bordo dun edificio de dez andares, só desexa que a chuvia deteña a súa ousadía. Porén, Nordestal é unha cidade ventosa, e Blue Shiva precipítase ao seu propio abismo.
Axiña as redes sociais difunden a nova da súa morte. Do outro lado da pantalla, Ada, que non pode crer que Blue Shiva xa non exista, pídelle axuda á súa irmá xemelga, Lúa, e convértea en cómplice involuntaria. Pola súa banda, Gabriel regresa a Nordestal guiado polos latexos do seu corazón.
Narrada a dúas voces, Que me pare o corazón se te esquezo é unha historia sobre ese mar que nos axita por dentro e sobre aquel que se abre alén das nosas pantallas, tinguido pola peor sombra e, ao tempo, capaz da maior luz.
Blue Shiva é a deusa das redes sociais. Na súa popular canle aparecen os retos virais máis arriscados. Pero tamén é unha deusa fráxil. A noite en que decide camiñar polo bordo dun edificio de dez andares, só desexa que a chuvia deteña a súa ousadía. Porén, Nordestal é unha cidade ventosa, e Blue Shiva precipítase ao seu propio abismo.
Axiña as redes sociais difunden a nova da súa morte. Do outro lado da pantalla, Ada, que non pode crer que Blue Shiva xa non exista, pídelle axuda á súa irmá xemelga, Lúa, e convértea en cómplice involuntaria. Pola súa banda, Gabriel regresa a Nordestal guiado polos latexos do seu corazón.
Narrada a dúas voces, Que me pare o corazón se te esquezo é unha historia sobre ese mar que nos axita por dentro e sobre aquel que se abre alén das nosas pantallas, tinguido pola peor sombra e, ao tempo, capaz da maior luz.
Andrea Maceiras (A Coruña, 1987) é licenciada en Filoloxía Galega, Filoloxía Hispánica e doutora pola Universidade da Coruña, onde exerce actualmente como docente na Facultade de Ciencias da Educación. Publicou a súa primeira novela, "Proxecto Bolboreta" (I Certame de Micronovela do Concello de Soutomaior) no ano 2007. Desde entón leva publicados dezaoito títulos destinados ao público infantil e xuvenil, moitos deles recoñecidos con premios e traducidos a diversas linguas.
En 2010 obtivo o Premio Meiga Moira con "Violeta Tamurana", galardón que volveu acadar en 2014 con "Miña querida Sherezade". A súa novela "Nubes de evolución" (2013) foi finalista do Premio Fundación Novacaixagalicia e obtivo o Premio Fervenzas Literarias. Con "Volverás, golfiño" (2014) quedou finalista do Premio Merlín de 2013. En 2015 gañou o Premio Jules Verne e mais o Fervenzas Literarias con "Europa Express", e en 2017 foi finalista do Premio Raíña Lupa con "O que sei do silencio".
A súa obra "Conta nove estrelas" (2019) valeulle o Premio Lazarillo, o Frei Martín Sarmiento, así como a inclusión na Lista de Honra da OEPLI. En 2020 obtivo o Premio Merlín con "A folla azul", e foi recoñecida co Premio dos Clubs de Lectura da Consellería de Educación. No ano 2021 gañou o Premio Raíña Lupa con "Que me pare o corazón se te esquezo", obra tamén recomendada pola Fundación Cuatrogatos. En 2022 recibiu o XIX Premio Anaya de Literatura con "Alma de elefante", novela recoñecida tamén co Premio A de Literatura Infantil da Asociación Colegial de Escritores de España e o Grupo de Investigación LIJ da Universidad Complutense de Madrid.
En 2023 publicou "Niño y jaguar" e "Burbullas de calma serena", coa que obtivo o Premio Follas Novas. Nese mesmo ano gañou o XLI Concurso de Narrativa Infantil Vila d'Ibi con "El enigma de Siempreviva" e en 2024 publicou "El silbido de la sombra", novela finalista do XVI Premio El Templo de las Mil Puertas.
En 2025 obtivo, por segunda vez, o Premio Jules Verne con "O corvo sobre a neve".
adroll_adv_id = "MG4DXLEHD5ABTAVH7CHI63";
adroll_pix_id = "47QKL24UGBDU7DMKFT5CTY";
adroll_version = "2.0";
adroll_current_page = "product_page";
adroll_currency = "EUR";
adroll_language = "es_ES";
adroll_products = [{"product_id":"142621","price":"6.99","category":"libros infantiles","name":"Que me pare o coraz\u00f3n se te esquezo"}];
Contacto
Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.
CONTACTE
Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.
Contacto
Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!