https://hablamosdelibros.es/producto/quen-da-a-quenda-2/311213Quen dá a quenda?Agochada nunha mesta fraga está a cabana na que desde hai máis dun século ten o seu consultorio a meiga Divina. Ata aquí veñen clientes das máis diversas procedencias. Pero non pensedes que só as persoas se achegan ata o consultorio de Divina; un día calquera, na porta da cabana podemos ver un barco que se marea ou unha fervenza que quere vivir onda o mar; e no interior, unha bolboreta coas ás despintadas, unha pantasma que xa non asusta... E a meiga Divina, coa axuda dos seus libros de conxuros, das súas apócemas e beberaxes, dun moucho sabio e dunha cortina lingoreteira, consegue que todos eles marchen cun remedio acaído para os seus males.
FINALISTA DO PREMIO MERLÍN DE LITERATURA INFANTIL 2015https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/10/XG00383701-600x845.jpg6.99instockLibros infantilesA partir de 9 años00.000https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/10/XG00383701-300x300.jpg98737987199874198765986936.990.000.002023-10-11T07:25:41+02:00
Quen dá a quenda?
Agochada nunha mesta fraga está a cabana na que desde hai máis dun século ten o seu consultorio a meiga Divina. Ata aquí veñen clientes das máis diversas procedencias. Pero non pensedes que só as persoas se achegan ata o consultorio de Divina; un día calquera, na porta da cabana podemos ver un barco que se marea ou unha fervenza que quere vivir onda o mar; e no interior, unha bolboreta coas ás despintadas, unha pantasma que xa non asusta… E a meiga Divina, coa axuda dos seus libros de conxuros, das súas apócemas e beberaxes, dun moucho sabio e dunha cortina lingoreteira, consegue que todos eles marchen cun remedio acaído para os seus males.
FINALISTA DO PREMIO MERLÍN DE LITERATURA INFANTIL 2015
Agochada nunha mesta fraga está a cabana na que desde hai máis dun século ten o seu consultorio a meiga Divina. Ata aquí veñen clientes das máis diversas procedencias. Pero non pensedes que só as persoas se achegan ata o consultorio de Divina; un día calquera, na porta da cabana podemos ver un barco que se marea ou unha fervenza que quere vivir onda o mar; e no interior, unha bolboreta coas ás despintadas, unha pantasma que xa non asusta… E a meiga Divina, coa axuda dos seus libros de conxuros, das súas apócemas e beberaxes, dun moucho sabio e dunha cortina lingoreteira, consegue que todos eles marchen cun remedio acaído para os seus males.
FINALISTA DO PREMIO MERLÍN DE LITERATURA INFANTIL 2015
Héctor Cajaraville (Santiago de Compostela, 1974) estudou Xornalismo e actualmente é profesor de Lingua e Literatura galegas no ensino secundario. En 2015 gañou o Premio Xerais coa súa primeira novela, «De remate», e foi finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil con «Quen dá a quenda?» (Xerais 2016). Nese mesmo ano, a súa obra «A caixiña dos rancores (Vidas cruzadas)» (Xerais 2016) recibiu o Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil da Deputación da Coruña; en 2016 gañou o Premio Ánxel Fole de Narración Curta do Concello de Lugo con «Once portas» (Xerais 2017) e o Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil con «Denébola a Roxa». Coa súa novela «Kusuma» (Xerais 2018) obtén o Premio Merlín de Literatura Infantil 2018. É autor, ademais, das novelas «O segredo da casa de Formoso» (2017) e «Nova Nursia» (Xerais 2018), así como das biografías «Antonio Fraguas. O bo mestre, o mestre bo», «Ricardo Carvalho Calero. A pegada do compromiso» e «Florencio Delgado Gurriarán. Polas vieiros da saudade», publicadas na colección Merlín en 2019, 2020 e 2022 respectivamente. En 2023 publica o álbum de aprendizaxe temperá «Moita froita!». Noutras facetas, traduciu ao galego a novela «O gardián invisible» (Xerais 2013) de Dolores Redondo, participou na redacción do «Dicionario Xerais de Secundaria e Bacharelato» (2014) e publicou varios traballos académicos sobre lexicografía e linguaxe xornalística.
Ignacio Hernández (A Coruña, 1988) é ilustrador pola Escola de Deseño Antonio Faílde de Ourense. Leva anos traballando para diversos colectivos e asociacións culturais aplicando as súas ilustracións a diferentes materiais gráficos. En Xerais ilustrou os libros «Quen dá a quenda?» (2016) de Héctor Cajaraville, «Debaixo dun parasol» (2017) de Azucena Arias Correa, «Somos os monstros» (2019, 2022) de Paula Carballeira, «A cidade dos desexos» (2023) de Agustín Fernández Paz e «Refugallo o espantallo», de Irene Alonso Gasalla; ademais de colaborar en diversas propostas de ámbito educativo.
Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.
CONTACTE
Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.
Contacto
Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!