https://hablamosdelibros.es/producto/quen-matou-o-cantino/99450Quen matou o Cantino?Ramón Mayán Ramos, o Cantino, veciño de Noia, foi executado no cemiterio de Boisaca o 10 de outubro de 1936, acusado polos fascistas de «cometer un delito de rebelión militar». A súa figura, que mesmo chegou a formar parte da ficción baixo o nome de Dombodán nas páxinas de O lapis do carpinteiro de Manuel Rivas, é o centro desta investigación, onde Xerardo Agrafoxo pretende achegarse aos motivos reais que levaron ao asasinato deste mozo.
En Quen matou o Cantino? nárrase, de forma documentada, con declaracións de testemuñas e actas do Tribunal Militar, a dramática e inxusta historia deste noiés, que nos primeiros momentos do alzamento militar contra a República se une a un grupo de mineiros de San Finx e a outros traballadores sindicalistas coa intención de se mobilizaren contra a conspiración.
Malia a documentación manexada ata o de agora, como o propio autor expresa no limiar da obra, «nunca soubemos con exactitude que circunstancias o levaron a perder a vida diante dun piquete de fusilamento. Quen o denunciou? Quen tivo a coraxe de acusar este home diante dun tribunal militar? Quen foron os autores intelectuais do seu fusilamento en Boisaca?» O presente libro descifra todas estas interrogantes.https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00190301-600x910.jpg18.50instockLiteraturaCiencia historia y sociedadHistoria00.000https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00190301-300x300.jpg983359839398381983719843718.500.000.002023-02-20T18:37:35+02:00
Quen matou o Cantino?
Ramón Mayán Ramos, o Cantino, veciño de Noia, foi executado no cemiterio de Boisaca o 10 de outubro de 1936, acusado polos fascistas de «cometer un delito de rebelión militar». A súa figura, que mesmo chegou a formar parte da ficción baixo o nome de Dombodán nas páxinas de O lapis do carpinteiro de Manuel Rivas, é o centro desta investigación, onde Xerardo Agrafoxo pretende achegarse aos motivos reais que levaron ao asasinato deste mozo.
En Quen matou o Cantino? nárrase, de forma documentada, con declaracións de testemuñas e actas do Tribunal Militar, a dramática e inxusta historia deste noiés, que nos primeiros momentos do alzamento militar contra a República se une a un grupo de mineiros de San Finx e a outros traballadores sindicalistas coa intención de se mobilizaren contra a conspiración.
Malia a documentación manexada ata o de agora, como o propio autor expresa no limiar da obra, «nunca soubemos con exactitude que circunstancias o levaron a perder a vida diante dun piquete de fusilamento. Quen o denunciou? Quen tivo a coraxe de acusar este home diante dun tribunal militar? Quen foron os autores intelectuais do seu fusilamento en Boisaca?» O presente libro descifra todas estas interrogantes.

Xerardo Agrafoxo (1952, Noia) é licenciado en Xeografía e Historia, graduado en Historia e doutor en Prehistoria. No ámbito da arqueoloxía e da historia escribiu as obras Prehistoria e Arqueoloxía da Terra da Barbanza (1986); Noia: Unha vila histórica (1987); 400 anos na historia de Noia (1991); A Segunda República en Lousame e Noia (1993); 1936: A Guerra Civil en Lousame e Noia (Testemuñas dunha represión) (1995); 1937: A Guerra Civil en Lousame e Noia (O fusilamento de David Mariño Ramos) (1997); e 1938/1939: A Guerra Civil en Lousame e Noia (O triple crime de Marselle. A traxedia do Baleares) (1999); Memorias do Franquismo (A época do wolfram en Lousame. A corporación de Noia en Meirás) (2002); Crónicas dunha democracia (A transición política en Noia. Os dous mandatos de Díaz Fornas) (2006); A revolta nacionalista (A Noia de Pastor Alonso. O goberno de Bieito González); Noia no cambio de século (2008) e Quen matou o Cantino? O 36 no concello de Noia (Xerais, 2013). Sobre didáctica da historia publicou Didáctica da prehistoria de Galicia (1992); Didáctica da historia antiga e medieval de Galicia (1993); Didáctica da historia moderna de Galicia (1993); e Didáctica da historia contemporánea de Galicia (1997). Ademais é autor de Biografía de María Mariño (2007), María Mariño: Retrato dunha vida (2007); O triángulo de Oscar Wilde (2003), relatos eróticos; Unha viaxe no Ford T (Premio García Barros, 2004), novela; e O violinista de Malá Strana (2008), novela.
Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.
CONTACTE
Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.
Contacto
Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!