Ticho é un neno de once anos que malvive nunha chabola xunto co seu pai eivado e a súa irmá Area. El traballa de sol a sol nunha mina de carbón e a irmá fai outro tanto nun vertedoiro de lixo. É a única saída que teñen para sobrevivir na República de Ocidia, un país gobernado con man de ferro por un ditador tan extravagante como sanguinario.
A vida de Ticho estará marcada por ese traballo inhumano para un rapaz, pola ausencia da nai e por buscar na fantasía a válvula de escape a unha realidade tan atroz.
Podería ter sido a biografía cotiá de millóns de nenos e nenas en todo o mundo, pero Ticho cruzarase cun trasno na mina onde traballa e ese feito revolucionará a súa existencia e a da súa xente.
E non, isto non é un conto marabilloso.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.