https://hablamosdelibros.es/producto/svea-kott-carne-sueca/99772Svea Kött (Carne sueca)Sindo Romero, comisario xefe da Sección de Investigacións Especiais (SIES), era coñecido e valorado pola súa eficacia na resolución dos casos de características excepcionais e por ter unha habilidade singular, unha intuición que lle permitía casar as pezas dos tramados máis complexos aos que ninguén lles atopaba nin pés nin cabeza. Romero, mergullado nas saudades da súa Arousa, onde acaba de enterrar un ser querido, deberá regresar decontado a Madrid para resolver o enigma que agocha o caso do asasinato da rúa Marqués de Valdeiglesias, no cruzamento de Gran Vía con Alcalá. Un escenario moi cinematográfico para o crime do «home do abrigo beixe», un tipo de mediana idade, indocumentado, que apareceu morto ao pé dunha libraría especializada en libros palestinos e de países da área de Oriente Medio. A aparición doutro cadáver, desta volta en Cambados, que levaba na carteira un recorte de periódico, fai medrar as incógnitas. Existirá algunha conexión Madrid-Arousa entre ambos os dous crimes?https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00184701-600x908.jpg20.50instockLiteraturaNovela literaria00.000https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00184701-300x300.jpg982638246998279982718246320.500.000.002023-02-20T18:49:23+02:00
Svea Kött (Carne sueca)
Sindo Romero, comisario xefe da Sección de Investigacións Especiais (SIES), era coñecido e valorado pola súa eficacia na resolución dos casos de características excepcionais e por ter unha habilidade singular, unha intuición que lle permitía casar as pezas dos tramados máis complexos aos que ninguén lles atopaba nin pés nin cabeza. Romero, mergullado nas saudades da súa Arousa, onde acaba de enterrar un ser querido, deberá regresar decontado a Madrid para resolver o enigma que agocha o caso do asasinato da rúa Marqués de Valdeiglesias, no cruzamento de Gran Vía con Alcalá. Un escenario moi cinematográfico para o crime do «home do abrigo beixe», un tipo de mediana idade, indocumentado, que apareceu morto ao pé dunha libraría especializada en libros palestinos e de países da área de Oriente Medio. A aparición doutro cadáver, desta volta en Cambados, que levaba na carteira un recorte de periódico, fai medrar as incógnitas. Existirá algunha conexión Madrid-Arousa entre ambos os dous crimes?
Sindo Romero, comisario xefe da Sección de Investigacións Especiais (SIES), era coñecido e valorado pola súa eficacia na resolución dos casos de características excepcionais e por ter unha habilidade singular, unha intuición que lle permitía casar as pezas dos tramados máis complexos aos que ninguén lles atopaba nin pés nin cabeza. Romero, mergullado nas saudades da súa Arousa, onde acaba de enterrar un ser querido, deberá regresar decontado a Madrid para resolver o enigma que agocha o caso do asasinato da rúa Marqués de Valdeiglesias, no cruzamento de Gran Vía con Alcalá. Un escenario moi cinematográfico para o crime do «home do abrigo beixe», un tipo de mediana idade, indocumentado, que apareceu morto ao pé dunha libraría especializada en libros palestinos e de países da área de Oriente Medio. A aparición doutro cadáver, desta volta en Cambados, que levaba na carteira un recorte de periódico, fai medrar as incógnitas. Existirá algunha conexión Madrid-Arousa entre ambos os dous crimes?
DOMINGO MIGUEL TABUYO ROMERO domingotabuyo@gmail.com (Pontevedra 1959) Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Especialidade de Arte. Profesor de Ensino Secundario con destiño no IES Asorey de Cambados. Foi Concelleiro e Portavoz do Grupo do PSdeG-PSOE en Cambados 1992-2011, Deputado por Pontevedra no Congreso nas VIII e IX Lexislatura: 2004-2011, polo PSdeG-PSOE., Membro da Asociación de Escritores en Língua Galega e Membro do PEN Clube Escritores de Galicia. Colaborador de diversas publicacións culturais como: Rollo Klave, Poesía de Galicia, Ria do Ocio do Faro de Vigo, Cerna, Enormic Banda. Realizou análise e crítica literaria na Guia dos Libros novos e no Faro da Cultura, Suplemento do Faro de Vigo. Membro do Comité Organizador do Ano Cabanillas en Cambados 2009. Coordenador das Xornadas: Ramón Cabanillas e a Modernidade na Poesía Galega, Cambados 27/28 de Novembro de 2009, organizado polo PEN Clube e a Dirección Xeral de Libros Arquivos e Bibliotecas do Ministerio de Cultura. Membro do Comité Organizador do Ano Asorey en Cambados 2011. Ten publicado Poemario ''Manual de Urxencia e Retornos'', accésit do Premio González Garcés 1993, Deputación da Coruña. Poemario ''Balsaín BluesPremio Concello de Ourense 1997. Poemario: ''Nos tempos de Invernía'', Premio Avelina Valladares do Concello da Estrada, 1999. Poemario ''A Luz Secreta'', 2002, Colección Tambo da Deputacion de Pontevedra. Poemario ``Cadernos de París´´, 2010, Edicións da Frouma, Follas Novas Santiago de Compostela. Novela ``Carmín´´, 2002, Edicións Xerais de Galicia. Infantil e Xuvenil: ``A Viaxe de Vionta´´, Ed. Everest Galicia 2007. Novela: ``Svea Kött´´, 2011, Edicións Xerais de Galicia. Obras colectivas: ``Vis a Vis: 36 poemas e unha idea´´, Vilagarcia 1997, ``Vento Mareiro: aniversario dun libro mítico´´, Cambados 1998 ``O Cancioneiro e o Mar´´, Vilaxoán de Arousa, 1998. ``Abraço. Poesía Colectiva´´. Ediçao AALF, Freamunde, Portugal, Xullo 2002. ``Negra Sombra´´, Espiral Maior/Xerais/Federación de Libreiros, 2003 (Contra a Marea Negra) e ``Poetas con Rosalía´´, V encontro, Padrón 2010.
Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.
CONTACTE
Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.
Contacto
Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!