https://hablamosdelibros.es/producto/tacon-punta-tacon/321881Tacón, punta, tacónNo universo, unha galaxia; nela, un sistema solar, un planeta, un continente, unha península e, na súa punta máis salgada, un recanto feliz. Un lugar onde os mexillóns non xogan ao béisbol e Doraemon ten gardado no seu peto máxico un chimpín. Alí poderás facer piragüismo, empanadas, beatbox... e mesmo cantar un gol! Un sitio distinto, de mulleres bravas e cabalos ao galope, onde caen chuzos de punta e contan os tacóns, hai troula a todas as horas e, no faro da fin do mundo, agarda por ti un solpor.
E mentres, a poesía, chovendo versos, na súa tinta ou masterchof, que vén pra quedar, pra quedar, pra quedar... E as palabras, patas arriba, aturuxando e facendo equilibrios imposibles.
Mergúllate nas páxinas deste libro: malo será que non descubras, antes ou despois, de que estamos a falar. Dígocho eu!https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2025/02/XG00414201-600x845.jpg6.99instockLibros infantiles00.000https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2025/02/XG00414201-300x300.jpg98445983379842798437982676.990.000.002025-02-12T07:25:12+02:00
Tacón, punta, tacón
No universo, unha galaxia; nela, un sistema solar, un planeta, un continente, unha península e, na súa punta máis salgada, un recanto feliz. Un lugar onde os mexillóns non xogan ao béisbol e Doraemon ten gardado no seu peto máxico un chimpín. Alí poderás facer piragüismo, empanadas, beatbox… e mesmo cantar un gol! Un sitio distinto, de mulleres bravas e cabalos ao galope, onde caen chuzos de punta e contan os tacóns, hai troula a todas as horas e, no faro da fin do mundo, agarda por ti un solpor.
E mentres, a poesía, chovendo versos, na súa tinta ou masterchof, que vén pra quedar, pra quedar, pra quedar… E as palabras, patas arriba, aturuxando e facendo equilibrios imposibles.
Mergúllate nas páxinas deste libro: malo será que non descubras, antes ou despois, de que estamos a falar. Dígocho eu!
No universo, unha galaxia; nela, un sistema solar, un planeta, un continente, unha península e, na súa punta máis salgada, un recanto feliz. Un lugar onde os mexillóns non xogan ao béisbol e Doraemon ten gardado no seu peto máxico un chimpín. Alí poderás facer piragüismo, empanadas, beatbox… e mesmo cantar un gol! Un sitio distinto, de mulleres bravas e cabalos ao galope, onde caen chuzos de punta e contan os tacóns, hai troula a todas as horas e, no faro da fin do mundo, agarda por ti un solpor.
E mentres, a poesía, chovendo versos, na súa tinta ou masterchof, que vén pra quedar, pra quedar, pra quedar… E as palabras, patas arriba, aturuxando e facendo equilibrios imposibles.
Mergúllate nas páxinas deste libro: malo será que non descubras, antes ou despois, de que estamos a falar. Dígocho eu!
Amante dos amorodos, dos bambáns e dos caracois, Anxo Iglesias é profesor de Educación Física no IES Auga da Laxe de Gondomar. Membro fundador da asociación Espazo Lectura, coordinou desde 2008 ata 2015 o Club de Lectura Compartida Lendo Contigo. Ademais, é un dos integrantes do grupo de música infantil A Banda dos Cueiros e xogador retirado de pimpón. A súa conta en Instagram é @ai.marino. O libro de poemas «Unha nova dimensión», Premio Merlín de Literatura Infantil 2022, foi a súa primeira obra publicada, á que seguiu «Tacón, punta, tacón» (Xerais, 2025).
Licenciada en Belas Artes, comeza no eido da ilustración profesional á vez que se incorpora á veterana banda de rock Zënzar. Este feito fai que moitos dos proxectos creativos e de investigación en que traballa teñan relación coa música. É ilustradora do proxecto de rock infantil Pakolas, tanto dos libros como debuxando en directo no espectáculo Cores, contos e rock'n'roll. En 2017 comeza Músicas Galegas Ilustradas, un proxecto onde visibiliza o papel da muller na música galega e que foi recoñecido co premio Martín Códax da Música 2020. É coautora do libro Ferreñas & Rock'n'roll xunto con Iria Pedreira. Preside a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) desde o ano 2022. En Xerais, é autora das ilustracións de «Luísa Villalta, melodía de palabras» (Xerais 2023); «Unha gorxa chea de paxaros» (Xerais 2024), «Milú e o edificio das persoas extraordinarias» (Xerais 2024) e «Tacón, punta, tacón» (2025).
Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.
CONTACTE
Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.
Contacto
Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!