Nunha vila galega do interior, próxima á fronteira, a vida fervía a mediados do século pasado. Era un mundo onde a luz a puñan os paisanos das aldeas que daban de comer aos vilegos e as sombras proviñan da memoria da guerra civil e dos fuxidos, daquela aínda ben presentes. Neste escenario desenvolve a súa vida o avogado da vila, considerado como un home perspicaz, que se verá enleado en tres misteriosos asuntos cuxa orixe pretenderá desvelar: a morte violenta dun vello fidalgo no seu casarío, un “home arisco illado do mundo no seu cotarelo”; a busca na penechaira espida da fronteira dos “tesouros que deixaron ocultos os mouros en lugares cheos de trampas”; e a inesperada aparición da cadela do alcalde pintada de verde.
“Terradentro” é unha novela onde o narrador, apremado polo paso inexorable dos anos, decide recrear as paisaxes e a vida que xiraba arredor dunha desas vilas galegas en perigo de extinción, as que contaban con xulgado, notaría, rexistro, botica, médico, dentista, estafeta de correos, centraliña telefónica, cuartel, arcipreste, coche de liña, fondas e comercios de todo tipo para dar cobertura a un universo de centos de pequenos lugares que gravitaban ao seu redor nunha simbiose perfecta hoxe perdida. Unha novela de lectura engaiolante onde se mestura de xeito moi orixinal a intriga coa indagación nos fíos da memoria e da paisaxe.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.