A historia comeza nunha montaña sagrada da fronteira, seguindo o rastro dun vello castelo, do que non queda memoria. E remata cando o protagonista decide vivir, durante algunhas semanas, nun edificio singular que é tamén hospedaría. Pouco a pouco, vai coñecendo o pasado da familia, un universo de suxestións, onde a forma de mirar -e de ser mirado- son quizais o máis importante.
Un libro no que, en parte, se respira a atmosfera de autores europeos como Sebald ou Magris. E tamén un exemplo da relación entre o escritor e o seu contorno que nos serve para redescubrir o interior de Galicia.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.