Xosé Fernández Ferreiro comezou a deseñar o personaxe de “Ulcis” entre 1958 e 1963 e traballou nel ao longo de toda a vida. Aquel universo literario espertou a admiración dos seus compañeiros de Brais Pinto, especialmente a de Reimundo Patiño e X. L. Méndez Ferrín, que di no limiar deste libro: “Era o Fernández Ferreiro que estabamos esperando con sede nóntida”. Estes contos surrealistas penetran na esencia máis fonda e escura do ser humano, alí onde nacen os mitos e as lendas, os pesadelos e a violencia, onde se desvelan os arquetipos dun mundo inferior, situado máis alá da consciencia, pero que habita en nós e, ás veces, nos posúe. Esa é a enorme e grandiosa forza de “Ulcis”, o derradeiro libro do autor de Nogueira de Ramuín, libro no que traballou ata os últimos días da súa vida e que deu por rematado no outono de 2015. Agora, Xerais publica postumamente este libro magnífico e singular, da man de Francisco Fernández Naval, que achega tamén o epílogo, e con limiar de X. L. Méndez Ferrín.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.