Martiño e Helena cóanse na terraza do señor Viramontañas.Gustaríalles ver as estrelas a través do seu telescopio. Pero o seu veciño ten un problema moi gordo e teñen que axudarlle a resolvelo. En troques, o señor Viramontañas ensinaralles os misterios marabillosos do Universo.
Co señor Viramontañas aprenderás:
A diferenza entre estrelas, planetas e satélites.
Que é unha galaxia.
Que é un sistema solar.
Os movementos da Terra: a rotación e a translación.
Que son as liñas imaxinarias.
O porqué das estacións.
As fases da Lúa.