https://hablamosdelibros.es/producto/vento-e-chuvia-edicion-de-campo/98852Vento e chuvia (Edición de campo)Nun territorio extenso, misterioso e brutal no que aínda hoxe vivimos, os deuses conviviron cos homes, beberon da súa cervexa, participaron das súas batallas, exiliáronse nos seus montes. Nas vellas aldeas, na noite dos castros, hai máis de dous mil anos, alí onde hoxe vemos mudas ruínas circulares e murallas derrubadas, contáronse historias fermosas transmitidas de xeración en xeración. Historias de deuses que viven, que nacen, choran, aman, sangran, viaxan de monte en bosque, e das illas ás costas; historias nas que non existen fronteiras entre o real e o fantástico, porque, coma no tempo de hoxe, o mundo dos homes é sobre todo imaxinación. Deuses e homes corren baixo a chuvia, e as súas palabras son levadas polo vento e as augas, que son a cerna de Galicia.
Esta "edición de campo" incorpora novos contidos con respecto á anterior, e que se substancia nun prólogo adicional para esta edición e toda unha serie de notas acompañando cada un dos relatos, con interesantes propostas para profesores, pais e rapaces para explorar e viaxar polo territorio galego, gozando da arqueoloxía e podendo xogar coa interacción entre historia e ficción que se propón todo o tempo nas historias dos deuses. Ademais, inclúense os roteiros antes só dispoñibles na web oficial.https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00241801-600x931.jpg14.50instockCiencia historia y sociedadHistoria00.000https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00241801-300x300.jpg104865995241047799880910478314.500.000.002023-02-20T20:15:25+02:00
Vento e chuvia (Edición de campo)
Nun territorio extenso, misterioso e brutal no que aínda hoxe vivimos, os deuses conviviron cos homes, beberon da súa cervexa, participaron das súas batallas, exiliáronse nos seus montes. Nas vellas aldeas, na noite dos castros, hai máis de dous mil anos, alí onde hoxe vemos mudas ruínas circulares e murallas derrubadas, contáronse historias fermosas transmitidas de xeración en xeración. Historias de deuses que viven, que nacen, choran, aman, sangran, viaxan de monte en bosque, e das illas ás costas; historias nas que non existen fronteiras entre o real e o fantástico, porque, coma no tempo de hoxe, o mundo dos homes é sobre todo imaxinación. Deuses e homes corren baixo a chuvia, e as súas palabras son levadas polo vento e as augas, que son a cerna de Galicia.
Esta “edición de campo” incorpora novos contidos con respecto á anterior, e que se substancia nun prólogo adicional para esta edición e toda unha serie de notas acompañando cada un dos relatos, con interesantes propostas para profesores, pais e rapaces para explorar e viaxar polo territorio galego, gozando da arqueoloxía e podendo xogar coa interacción entre historia e ficción que se propón todo o tempo nas historias dos deuses. Ademais, inclúense os roteiros antes só dispoñibles na web oficial.
Nun territorio extenso, misterioso e brutal no que aínda hoxe vivimos, os deuses conviviron cos homes, beberon da súa cervexa, participaron das súas batallas, exiliáronse nos seus montes. Nas vellas aldeas, na noite dos castros, hai máis de dous mil anos, alí onde hoxe vemos mudas ruínas circulares e murallas derrubadas, contáronse historias fermosas transmitidas de xeración en xeración. Historias de deuses que viven, que nacen, choran, aman, sangran, viaxan de monte en bosque, e das illas ás costas; historias nas que non existen fronteiras entre o real e o fantástico, porque, coma no tempo de hoxe, o mundo dos homes é sobre todo imaxinación. Deuses e homes corren baixo a chuvia, e as súas palabras son levadas polo vento e as augas, que son a cerna de Galicia.
Esta “edición de campo” incorpora novos contidos con respecto á anterior, e que se substancia nun prólogo adicional para esta edición e toda unha serie de notas acompañando cada un dos relatos, con interesantes propostas para profesores, pais e rapaces para explorar e viaxar polo territorio galego, gozando da arqueoloxía e podendo xogar coa interacción entre historia e ficción que se propón todo o tempo nas historias dos deuses. Ademais, inclúense os roteiros antes só dispoñibles na web oficial.
Manuel Gago (Palmeira, Ribeira, 1976) é vilego, da Pobra do Caramiñal. Dirixe «culturagalega.gal», a plataforma de divulgación do Consello da Cultura Galega, e é profesor de Comunicación na Universidade de Santiago de Compostela. Como divulgador científico e histórico, leva promovido numerosos proxectos de posta en valor do patrimonio cultural e comisariado exposicións nas cales explora a confluencia entre cultura e tecnoloxía. Ensaísta e narrador, publicou «Herdeiros pola forza. Poder, patrimonio cultural e sociedade na Galicia do século XXI» e os libros de ficción «Vento e chuvia. Mitoloxía da antiga Gallaecia» (Xerais, 2013, 2015), «O anxo negro» (Xerais, 2016), «O exército de fume» (Xerais, 2018) e «Nus» (Xerais, 2021). Mantén o blog «Capítulo Cero» (www.capitulocero.org).
(Foto do autor: Sole Felloza)
Manel Cráneo (A Coruña, 1973). Artista multidisciplinar de ampla bagaxe, comezou o seu periplo profesional a principios dos 90. Como autor de banda deseñada, centos de páxinas súas apareceron en publicacións como BD Banda, Barsowia, Dos Veces Breve, GPS, Ovo, Costra de Postre, Os Rústicos da Gadaña, Bravú, Subterfuge Comics, Interea Visual ou Boletín Galego de Literatura. Publicou a serie "Planeta Mincha - Estudos Xeográficos" nas revistas Caña e Viralatas e, anteriormente, "A Fraga Milmañas" en Golfiño. Tamén os álbums Dámsmitt (Dibbuks, 2006), Os lobos de Moeche (Demo Editorial, 2009), Cousas de Mortos (Demo Editorial, 2012), A torre dos Mouros (Demo Editorial, 2012) e colaborou en volumes colectivos como a bd promocional Fito y Fitipaldis (Dro Eastwest), Artículo 20 (Astiberri) ou H2OIL (Colectivo Chapapote). A súa bd cómic Ladróns de cadáveres foi adaptada a curtametraxe. Recentemente produciu un capítulo piloto para serie de animación baseado no seu universo persoal Planeta Mincha. Como ilustrador traballou para diferentes editoriais como Richmond Publishing, Usborne, Santillana, Galaxia, Xerais ou Everest, entre outras. A súa obra foi exposta en numerosas mostras por España, Portugal, Francia e Cuba. Entre os seus premios destaca o Nacional de Cómic sobre Vida y Obra de Federico García Lorca (Granada, 1998). Foi presidente da AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración) e vicepresidente de FADIP (Federación de Asociaciones de Ilustradores Profesionales), comisario de diversas mostras e exposicións e director e propietario de Demo Editorial e da empresa de xestión cultural CR4neo. Deu máis de 350 charlas e conferencias sobre diversos temas nos últimos 20 anos. Na súa faceta musical formou parte de bandas de punk-rock como Vampiraos, 13:31 ou Error! e actualmente dedícase á experimentación musical compoñendo música mincha. A súa vinculación co mundo audiovisual e o sector publicitario levounoo a colaborar en infinidade de proxectos e longametraxes realizando diferentes funcións, desde story-boarder ata guionista ou director de arte.
adroll_adv_id = "MG4DXLEHD5ABTAVH7CHI63";
adroll_pix_id = "47QKL24UGBDU7DMKFT5CTY";
adroll_version = "2.0";
adroll_current_page = "product_page";
adroll_currency = "EUR";
adroll_language = "es_ES";
adroll_products = [{"product_id":"98852","price":"14.50","category":"ciencia historia y sociedad","name":"Vento e chuvia (Edici\u00f3n de campo)"}];
Contacto
Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.
CONTACTE
Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.
Contacto
Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!