https://hablamosdelibros.es/producto/viaxe-ao-pais-dos-ananos-14/281163Viaxe ao País dos Ananos"Viaxe ao País dos Ananos" de Celso Emilio Ferreiro foi recibido no seu día con polémica polo duro ataque que representaba para certo sector da emigración. Estes versos seguen hoxe plenamente vixentes pola súa denuncia da desigualdade social e o seu rexeitamento do racismo, amais de polas súas reveladoras reflexións de tipo existencial e a súa lírica de xorne evocador e intimista. A presente edición de Armando Requeixo, con prólogo de Xesús Alonso Montero, incorpora un capítulo biográfico que constitúe unha das máis amplas achegas publicadas ata o de agora neste eido. De por parte, analízanse tamén as complexas circunstancias epocais e literarias nas que a obra viu luz e as principais liñas que a caracterizan e fan dela un clásico moderno.17.95instockLiteraturaPoesía00.000984299833798393984279837117.950.000.002023-09-14T07:59:58+02:00
Viaxe ao País dos Ananos
“Viaxe ao País dos Ananos” de Celso Emilio Ferreiro foi recibido no seu día con polémica polo duro ataque que representaba para certo sector da emigración. Estes versos seguen hoxe plenamente vixentes pola súa denuncia da desigualdade social e o seu rexeitamento do racismo, amais de polas súas reveladoras reflexións de tipo existencial e a súa lírica de xorne evocador e intimista. A presente edición de Armando Requeixo, con prólogo de Xesús Alonso Montero, incorpora un capítulo biográfico que constitúe unha das máis amplas achegas publicadas ata o de agora neste eido. De por parte, analízanse tamén as complexas circunstancias epocais e literarias nas que a obra viu luz e as principais liñas que a caracterizan e fan dela un clásico moderno.
“Viaxe ao País dos Ananos” de Celso Emilio Ferreiro foi recibido no seu día con polémica polo duro ataque que representaba para certo sector da emigración. Estes versos seguen hoxe plenamente vixentes pola súa denuncia da desigualdade social e o seu rexeitamento do racismo, amais de polas súas reveladoras reflexións de tipo existencial e a súa lírica de xorne evocador e intimista. A presente edición de Armando Requeixo, con prólogo de Xesús Alonso Montero, incorpora un capítulo biográfico que constitúe unha das máis amplas achegas publicadas ata o de agora neste eido. De por parte, analízanse tamén as complexas circunstancias epocais e literarias nas que a obra viu luz e as principais liñas que a caracterizan e fan dela un clásico moderno.
Celso Emilio Ferreiro (Celanova, 1912-Vigo, 1979) iniciou desde moi novo unha actividade política e literaria que estaría sempre marcada polo compromiso co país. Cando estalou a guerra, foi obrigado a se incorporar ao exército franquista, condenado a morte e posteriormente indultado. En 1948 fundou en Pontevedra a colección Benito Soto. Establecido en Vigo desde 1949, publicou "O soño sulagado" (1954, Xerais 1991) e dirixiu a colección de poesía Salnés, onde saíu "Longa noite de pedra" (1962, Xerais 1990, Xerais 2002). O impacto desta obra foi enorme, esgotada e multicopiada de man en man. Celso Emilio pasou a ser o símbolo da corrente socialrealista. En 1966 marchou a Caracas, onde se enfrontou co sector máis reaccionario da colectividade galega, contra o que escribiu "Viaxe ao País dos Ananos" (1968, Xerais 2004), poemario co que inicia un rexistro satírico que continuará en "Cantigas de escarnio e maldicir" (1968), no romance de cego "Paco Pixiñas" (1970), en "Os autentes" (1973) e mais en "Antipoemas" (1972). En 1973 instalouse en Madrid. Son desta época os poemarios "Cimenterio privado" (1973), "Onde o mundo se chama Celanova" (1975, Xerais 1991) e o "Libro dos homenaxes" (1979). Como narrador publicou dous únicos libros: "A fronteira infinda" (1972, Xerais 1988) e "A taberna do galo" (1978). Con motivo do vinte e cinco aniversario do seu pasamento, Xerais iniciou a edición das súas obras completas, das que se levan publicado os volumes "Obra narrativa" (Xerais 2003), "Poesía galega completa" (Xerais 2004), "Semblanzas, crónicas e artigos" (Xerais 2005) e, agora, "Birimbao. Poemas de mí para ti (1937-1939)" (Xerais 2020).
Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.
CONTACTE
Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.
Contacto
Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!