https://hablamosdelibros.es/producto/volvo-o-regreso-de-usha-2/106223Volvo! O regreso de UshaNa pequena aldea de Devastana, Usha e as súas amizades regresan das vacacións cos nervios do último curso da primaria, ao final do cal terán que enfrontarse á temida reválida. Mais axiña a reválida pasa a un segundo plano, porque na vida hai acontecementos moito máis intrigantes ca un exame. Para empezar, Deepak non aparece por ningures. A seguir, Lakshmi deixa de súpeto de ir á escola. Será Usha quen de endereitar as cousas que semellan revirarse? As amizades vellas e novas, de lonxe e de preto, terán que axudar a Usha a facer fronte a todo tipo de desafíos.https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00256301-600x845.jpg6.99instockLibros infantilesA partir de 9 años00.000https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00256301-300x300.jpg10244398387102419102449983896.990.000.002023-02-20T22:42:32+02:00
Volvo! O regreso de Usha
Na pequena aldea de Devastana, Usha e as súas amizades regresan das vacacións cos nervios do último curso da primaria, ao final do cal terán que enfrontarse á temida reválida. Mais axiña a reválida pasa a un segundo plano, porque na vida hai acontecementos moito máis intrigantes ca un exame. Para empezar, Deepak non aparece por ningures. A seguir, Lakshmi deixa de súpeto de ir á escola. Será Usha quen de endereitar as cousas que semellan revirarse? As amizades vellas e novas, de lonxe e de preto, terán que axudar a Usha a facer fronte a todo tipo de desafíos.
Na pequena aldea de Devastana, Usha e as súas amizades regresan das vacacións cos nervios do último curso da primaria, ao final do cal terán que enfrontarse á temida reválida. Mais axiña a reválida pasa a un segundo plano, porque na vida hai acontecementos moito máis intrigantes ca un exame. Para empezar, Deepak non aparece por ningures. A seguir, Lakshmi deixa de súpeto de ir á escola. Será Usha quen de endereitar as cousas que semellan revirarse? As amizades vellas e novas, de lonxe e de preto, terán que axudar a Usha a facer fronte a todo tipo de desafíos.
María Reimóndez (Lugo, 1975) é tradutora e intérprete de profesión e feminista por convicción.
Conta cunha ampla lista de títulos, dende a poesía ao ensaio, pasando pola narrativa.
Como poeta destaca "Galicia en bus" (2018), co que gañou o Premio de Poesía Johán Carballeira, e en ensaio, a obra "Feminismos" (2013), en coautoría con Olga Castro, E "A casa do amo" (Xerais, 2024).
Como narradora para o público mozo destacan "Usha" (2006); "Corredora" (2017); "Fóra do normal" (2018), Premio Agustín Fernández Paz; "A formiga destemida" (2020), "Bárbaras!" (2021) e "Furia", Premio Jules Verne 2023.
Para persoas adultas, "O club da calceta" (2006), Premio Arcebispo Xoán de San Clemente 2007, traducida ao castelán, italiano e francés e adaptada á escena e ao cine ou as novelas do Ciclo dos Elementos: "En vías de extinción" (2012); "Dende o conflito" (2014), Premio Xerais de Novela; "A música dos seres vivos" (2015); "As cousas que non queremos oír" (2017) e "As estacións do lobo" (2019).
Na colección Milmanda publicou a Triloxía dos Seres Completos: "Cobiza" (2021), I Premio Literario Pinto e Maragota á diversidade sexual e de xénero, "Multitudes" (2023) e "Retorno" (2024). Fotografía da autora: Pablo Vázquez.
Iván Sende (Vedra-A Coruña, 1977) estudou ilustración na Escola de Artes Pablo Picasso. O seu primeiro libro ilustrado para Xerais foi «Usha» (2008), ao que seguiron «Lía e as zapatillas de deporte» (2008), «O monstro das palabras» (2009) e «Volvo! O regreso de Usha» (2014), todos eles da autoría de María Reimóndez. En 2015 ilustrou «Sira e o robot», de Mark Wierma e Miguel Mosqueira, e en 2020, «A formiga destemida», de María Reimóndez. O álbum «Bea» (Xerais 2008) foi o seu primeiro libro como autor e ilustrador.
Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.
CONTACTE
Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.
Contacto
Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!