Xacementos arqueolóxicos de Galicia constitúe unha guía práctica para visitar e coñecer o patrimonio arqueolóxico galego, manexable por calquera persoa que sinta interese ou curiosidade.
O viaxeiro ou o estudioso poderán gozar da información de máis de trinta xacementos que se describen nas súas páxinas e que abarcan desde o neolítico ata os últimos momentos da época romana, e desde os petroglifos ós campamentos militares. Os xacementos de cada época están precedidos por unha breve explicación xeral que realizaron os autores, os arqueólogos Pilar Barciela e Eusebio Rey.
O enfoque e a presentación de Xacementos arqueolóxicos de Galicia achegan os restos históricos á curiosidade do visitante, xa que os contidos están expostos de xeito divulgativo, sempre a partir dos traballos científicos e das memorias das escavacións.
O carácter práctico da guía facilita a localización dos xacementos, ofrecéndolle ó visitante un plano cunha proposta de percorrido, información sobre os traballos realizados e un tema relacionado co xacemento.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.