Na véspera do seu décimo aniversario, Estela descobre que o seu sinal de nacemento non era unha simple marca na pel con forma de serpe, senón un zooiko: unha criatura de luz que salta fóra do seu corpo e desata un poder que aínda non sabe controlar.
Mentres intenta entender que lle sucede, atopa un observatorio máxico no subsolo da biblioteca que resulta ser a base de operacións dos Zodiakids: gardiáns do zodíaco que se preparan para unha batalla cósmica. Alí Estela coñece a Leo, Ariel e Santiago, liderados polo Mestre das Estrelas, pero tamén un segredo que ninguén lle quere contar. O seu signo é Ofiúco, o número trece, o máis poderoso… e o máis perigoso.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
