Pietro Puliani é un afamado vidreiro veneciano que posúe grandes coñecementos sobre alquimia e poderes adiviñatorios aprendidos no Exipto. Todo o que rodea a figura de Pietro é un gran misterio: vive nun dos illotes de Venecia e habita un suntuoso palacio ao que case ninguén accedeu nunca; agocha a súa face baixo unha máscara carnavalesca; goza do respecto da alta nobreza e da protección do Dogo; ninguén sabe a súa idade e moitos pensan que é o mesmo demo. Pietro Puliani dedica a súa vida á busca da beleza e da inmortalidade femininas. Para dar con elas, frecuenta todos os bordeis da cidade na procura da rapaza que agoche no seu interior unha alma inmortal e bela.
Cunha prosa elaborada, que recrea ambientes preciosistas e ás veces oníricos, A venus de cristal, a novela coa que Chelo Suárez Muíños debuta na colección Xerais Narrativa, retrata con precisión descricións de escenas e lugares marabillosos e personaxes entre fantásticos e grotescos daquela Venecia do século XV, conducindo ao lector cun ritmo áxil polas súas páxinas.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.