Raquel Fernández Fernández (Nigrán, 1972) exerce como «chef» nun restaurante da súa propiedade no Val Miñor. A pesar do afastado do mundo literario que poida parecer o seu día a día, a literatura e a escrita sempre formaron parte da súa vida.
Ao longo dos últimos anos conseguiu máis dunha quincena de diferentes premios polo seu labor poético e narrativo, entre eles o Certame Literario do Concello de Ames (2020) nas modalidades poesía e narrativa, o segundo premio de poesía do certame Manuel Orestes Rodríguez do Concello de Paradela (2020), o primeiro premio de Relato Curto en Prol da Igualdade do Concello de Melide (2021), o Certame de Microrrelatos do Concello de Vilalba (2020, 2022, 2023) ou o Premio de narrativa do concurso Literario Xaime Illa Couto (2022).
En marzo de 2024 publicou a novela «Contas de Buxo», dirixida ao público xuvenil. En xuño dese mesmo ano resultou gañadora do XVI Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil con «I’m Obélix» (Xerais, 2024). «Onde bate o mar» (Xerais, 2026) é a súa primeira novela para lectorado adulto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.