https://hablamosdelibros.es/producto/a-garderia-de-dona-bixelmina/101775A gardería de dona BixelminaLucas Leoncavalo vive no circo onde traballan os seus pais. Cando o circo pechou, Lucas xa non será nin domador nin trapecista e será obrigado a ir á gardería de dona Bixelmina, que está invadida por virus e microbios. Lucas Leoncavalo terá en seme-llante gardería que loitar contra estes terribles bichos que contaxiaban a meniños e meniñas otites, catarros, gripes, lombrigas e pulmonías, conseguindo vencelos. Mais o que non contaba Lucas era que tamén debería vencer á terrible dona Bixelmina. A gardería de dona Bixelmina, escrito e ilustrado por Jacobo Fernández Serrano, é un álbum para primeiros lectores sobre o mundo do circo e das enfermidades conta-xiosas que se producen nas primeiras idades.https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00112001-600x667.jpg9.95instockLibros infantilesA partir de 4 años00.000https://hablamosdelibros.es/wp-content/uploads/2023/09/XG00112001-300x300.jpg98739987659870398693987299.950.000.002023-02-20T19:57:43+02:00
A gardería de dona Bixelmina
Lucas Leoncavalo vive no circo onde traballan os seus pais. Cando o circo pechou, Lucas xa non será nin domador nin trapecista e será obrigado a ir á gardería de dona Bixelmina, que está invadida por virus e microbios. Lucas Leoncavalo terá en seme-llante gardería que loitar contra estes terribles bichos que contaxiaban a meniños e meniñas otites, catarros, gripes, lombrigas e pulmonías, conseguindo vencelos. Mais o que non contaba Lucas era que tamén debería vencer á terrible dona Bixelmina. A gardería de dona Bixelmina, escrito e ilustrado por Jacobo Fernández Serrano, é un álbum para primeiros lectores sobre o mundo do circo e das enfermidades conta-xiosas que se producen nas primeiras idades.
Lucas Leoncavalo vive no circo onde traballan os seus pais. Cando o circo pechou, Lucas xa non será nin domador nin trapecista e será obrigado a ir á gardería de dona Bixelmina, que está invadida por virus e microbios. Lucas Leoncavalo terá en seme-llante gardería que loitar contra estes terribles bichos que contaxiaban a meniños e meniñas otites, catarros, gripes, lombrigas e pulmonías, conseguindo vencelos. Mais o que non contaba Lucas era que tamén debería vencer á terrible dona Bixelmina. A gardería de dona Bixelmina, escrito e ilustrado por Jacobo Fernández Serrano, é un álbum para primeiros lectores sobre o mundo do circo e das enfermidades conta-xiosas que se producen nas primeiras idades.
Jacobo Fernández Serrano (Vigo, 1971) é licenciado en Belas Artes na especialidade de pintura pola Universidade Complutense. Ilustrador, pintor, debuxante e comiqueiro, como autor de literatura infantil publicou na colección Merlín de Xerais os libros "A gardería de dona Bixelmina" (2005), "A pedra e as formigas" (2006), "Mil cousas poden pasar. Libro I" (2009), premio Merlín de literatura infantil e "Mil cousas poden pasar. Libro 2" (2011). Iniciouse na ilustración de libros de literatura infantil en Xerais con "As aventuras de Nunavut" de Xoán Abeleira, serie da que publicou catro libros: "O nacemento de Nunavut" (2003), "Un día de caza" (2003), "Sedna, a deusa do mar" (2004) e "O caribú namorado" (2005); ao que seguriron outros traballos para diversas editoriais. Ademais de traballos de ilustración de libros de texto, dicionarios, guías de natureza, carteis ou ilustracións para televisión, etc. É, tamén, autor da serie de banda deseñada "Os amigos de Archimboldo Roque", publicada na revista "Golfiño" (2000 a 2004) e recollida no volume homónimo publicado por Faktoría K (2008). Tras realizar este personaxe converteuse en colaborador da publicación periódica "Dos Veces Breve", así como da segunda época da revista "BD Banda", na que desenvolve a serie titulada "Animais pantasma". Co álbum de cómic "Aventuras de Cacauequi" (2007), obtivo o premio Castelao da Deputación da Coruña de Banda Deseñada, e a nominación ao Premio Expocómic 2008 de Madrid e do Salón do Cómic de Barcelona, no apartado de autor español revelación. É autor da serie de cómic para os primeiros lectores "Marcopola. A illa Remeira". "Lois Pereiro. Breve encontro" (Xerais, 2011) foi a súa primeira novela gráfica.
Puedes contactar con nuestro departamento de Atención al Cliente en en el e-mail clientes@grupoanaya.com o a través de nuestro formulario de contacto.
CONTACTE
Si ets docent, contacta amb el nostre departament d’Atenció al Client a través de l’e-mail clientes@grupoanaya.com oa través del nostre formulari de contacte.
Contacto
Se es docente, ponte en contacto co noso departamento de Atención ao Cliente no correo electrónico clientes@grupoanaya.com ou a través do noso formulario de contacto.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.
Cookies estrictamente necesarias
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Cookies de terceros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como el número de visitantes del sitio, o las páginas más populares.
Dejar esta cookie activa nos permite mejorar nuestra web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!