Mili Koey (Málaga, 1993) é a ilustradora da serie «Curriño» de Ledicia Costas («Curriño. O can influencer», «Curriño. Benvido ao grupo» e «Curriño. Fama ou fuga»). Desde pequena sentiu a necesidade de expresarse mediante un lapis, e desde moi nova tivo claro que quería dedicarse á ilustración e ao deseño; de aí que cursase o bacharelato de Artes e o Ciclo Superior de Ilustración. Encántalle aprender e explora todas as técnicas e estilos posibles para aplicalos ao seu traballo.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.