Silvino nacera na aldea de Tourán Baixo, o máis pequeno de catro irmáns, nunha familia pobre. Durante anos traballa de canteiro, ó tempo que aprende a toca-la gaita, por iso chámanlle ás veces Silvino o Canteiro e ás veces Silvino o Gaiteiro. Un día ten un accidente e perde unha perna. Cúrano no hospital da cidade, e pasa a convalecencia na casa da súa irmá Helena, que casara cun libreiro. Alí, tras ter un estraño soño unha noite, fai amizade cun rato a quen chama Hi-Hi. Silvino non gusta da vida da cidade e regresa á aldea co rato. O seu gusto polos libros e polas vellas lendas tradicionais parece unha rareza entre os poucos paisanos que aínda quedan na aldea. Tan só el aprecia os saberes que garda na súa memoria o vello Bernardo o Garlucho, e por el sabe das historias dos tardos, e dos mouros, e dos habitantes do mundo subterráneo. Unha noite xeada de decembro, Silvino o gaiteiro e o seu rato están a piques de morrer, perdidos no monte. E daquela entran en contacto cos PERREPÉS, o Pobo dos Ratos Pérez…
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.