Un fermoso e didáctico percorrido pola historia, as rúas e as arquitecturas máis notables de Compostela debuxadas polo arquitecto Santiago Catalán. En palabras de Xerardo Estévez, “Santiago Catalán proxecta sobre Santiago de Compostela unha mirada de arquitecto. Isto significa que, cando observa, formula interrogantes sobre a forma en que foi construído cada elemento. Chámalle a atención, por exemplo, esa moldura que percorre a xeito de imposta a fachada oriental do Hospital Real. Por estas páxinas desfilan todos os grandes arquitectos e mestres de obras: desde Bernardo e Mateo ata Egas, Gil de Hontañón, Lechuga e tantos outros… Cunha mirada tridimensional o autor abarca o obxecto construído, sobrepoñendo as arquitecturas desde perspectivas distintas para armar un novo relato.”
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.