Lola Rontano (Comala, Murcia, 1977), activista medioambiental, viaxeira e profesora de francés, reside en Galicia, lugar onde recalou como voluntaria durante a crise do «Prestige».
A súa primeira novela, «Austroatlántica, la Argentina que Dios quiere» (2019), foi merecedora do XXX premio Torrente Ballester en castelán. En 2014 conseguiu o XXV premio de narrativa Camilo José Cela polo relato «Las Ubres de la Noche». Ademais de colaborar con artigos e outros textos en diversos fanzines, blogs, revistas e xornais dixitais, traduciu cancións do francés Dominique A («El oficio de cantante», inédito) e participou na «Antología de poesía erótica» do Instituto Iberoamericano de Estudos Atlánticos en 2015. Na revista «Luzes» (2022) publicou a crónica «Diario negro dunha marea». «Esperta do teu sono» (2024) é a súa primeira novela na colección Narrativa de Xerais. Fotografía da autora: Xosé Abad
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.