Subversións. Contra o sometemento. Contra a poesía. Contra o poder. Contra as estructuras da lingua. Contra o conformismo. Subversión: poética da liberación. A fin do milenio, a insubmisión, a solidariedade, a lingua, o conflito bélico ou as marxes da noite desfilan polos longos poemas de «Subversións». A subversión como estigma de vida e como xeito de concibir o acto creativo.
A subversión é un aturuxo mestizo, profundo e dolorido que sae das entrañas do autor, ateigadas de terra, e sitúanos nunha órbita planetaria desde a que Galicia se ve no Mundo a vista de paxaro.
«Subversións», o libro de poemas de Fran Alonso, supón unha entrega coa que o autor, unha das voces máis destacadas da década dos 90, dá un paso adiante na súa identificable arquitectura poética. «Subversións», ademais, recompila neste mesmo volume toda a obra poética de Fran Alonso anterior a 2001 excepto «Cidades».
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.